EconomíaTransparencia

O PP explica que o gasto político pactado polo PSOE e o BNG “non é o noso acordo”

By 26 Xuño, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal do PP abstívose na votación do pleno de organización, que se celebrou este mediodía, manifestando que a proposta que puxeron sobre a mesa socialistas e nacionalistas “non é o noso acordo”.

Dende o Partido Popular poñen de manifesto que o sentido do seu voto é a consecuencia directa de que “non temos capacidade algunha para modificalo” lembrando como a suma de concelleiros do PSOE e do BNG é suficiente para aprobar os gastos políticos da nova corporación.

Os populares engaden que pese a todo “non cremos que este debate teña que ser o comenzo da nosa acción política neste mandato”.

Dende o Grupo Municipal do PP salientan que “agora que o goberno o decidiu, o noso traballo como oposición onde nos colocaron os partidos que perderon as eleccións, centrarase en que o gasto que se vai aprobar repercuta na resolución dos problemas que ten a cidade”.

“O noso compromiso e a nosa responsabilidade será a de fiscalizar, de forma seria e intensa, que o custe económico deste acordo do PSOE e BNG repercuta nunha xestión eficiente e tamén eficaz de cara á veciñanza”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies