CulturaFestas

O PP explica que “os feitos confirman as nosas sospeitas de falta de transparencia e irregulariedades nos contratos do San Froilán”

By 2 Outubro, 2023Outubro 3rd, 2023Sin comentarios

Tras coñecer que a unha empresa das habituais que contrata a área de cultura do BNG lle encargaron a montaxe do escenario da Horta do Seminario o PP anuncia que “pedirá acceso aos expedientes de contratación do San Froilán”

  • O acceso a todos os expedientes dos eventos das patronais de Lugo permitiranos fiscalizar de forma rigurosa como se fixeron os trámites e se se axustan á lei e así depurar responsabilidades, no caso de que as houbera, xa que “resulta sospeitoso que unha empresa das habituais que contrata o departamento de cultura volva a ser adxudicataria deixando fóra a outros licitadores lucenses”
  • Os populares lembran que un dos motivos polos que o Grupo Municipal abandonou a Comisión de Festas foi, precisamente, pola falta de transparencia nas contratacións
  • Esta non é a única irregulariedade que detectaron os populares nas contratacións das patronais e, de feito, xa denunciaron como “a maquetación, edición e impresión de programas das festa cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo e se pagou con reparo de legalidade”

IMPROVISACIÓN

  • Para os populares o feito de que as licitacións queden desertas resulta preocupante e responde únicamente “á improvisación coa que o bipartito organiza as patronais de Lugo” xa que “o lóxico sería que cuestións tan previsibles como a montaxe de escenarios para concertos estiveran contratados con antelación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies