EconomíaPresupostos

O PP explica que “un informe de intervención propón medidas sancionadoras pola falta de dilixencia no control de gastos e no seguimento dos contratos”

By 2 Abril, 2024Sin comentarios

Carballas: “O elevado  número de modificacións presupostarias, o aumento dos recoñecementos extraxudiciais e o uso excesivo de contratos menores revelan que o goberno de Lugo leva a cabo unha xestión financeira pouco transparente e rigurosa”

 

MARTES 2 DE ABRIL DE 2024

 

  • A popular desvelou que en 2023 se fixeron 111 modificacións presupostarias o que apuntala o que o Partido Popular vén denunciando sobre “os orzamentos irreais e improvisados do goberno local xa que hai un desfase entre o que se presuposta e o que finalmente se gasta”.

 

  • Outro indicativo da mala xestión do goberno local témolo nos recoñecementos extraxudiciais de crédito. No Concello de Lugo disparouse en 2023 o importe destas operacións sumando os 7.6M€ unha cifra que case cuadriplica ao exercicio anterior que foi de 2.1 € polo que “deixa claro que a administración local utiliza unha ferramenta que debería ser residual de forma habitual”.

 

  • Mar Carballas tamén explica que un mecanismo que debería ser excepcional e que tamén se está a converter en algo habitual son os contratos menores. No informe de intervención se alerta das “debilidades, deficiencias ou incumprimentos” indicando que hai “unha excesiva utilización do contrato menor sen tramitación de procedementos de contratación que garantan o fomento dos principios de concurrencia competitiva, igualdade e non discriminación”

 

  • Tamén poñen no punto de mira as contratacións vinculadas ao Arde Lucus e as festas do San Froilán advertindo que se “detecta a ausencia de publicación, se desoie a recomendación de ter como mínimo 3 ofertas para garantir o principio de transparencia e a redución da discrecionalidade por parte dos responsables do contrato”.

 

  • Outro aspecto que trascende deste documento é o fraccionamento do obxecto dos contratos. A popular mencionaba os vinculados ás reformas de Parques e Xardíns xa que “en vez de adxudicalos, para un ou dous espazos, se se houbera planificado e tramitado nun único contrato de maneira global se houbera evitado o seu fraccionamento”.

 

  • A popular concluía que “resulta vergoñento e triste que nos últimos anos, no concello de Lugo cada vez haxa máis opacidade e se abuse desta fórmula administrativa que debería únicamente usarse para imprevistos”.

 

  • Outro aspecto no que se fai fincapé no informe de intervención ten que ver cos servizos operados por empresas con contrato caducado co Concello. Carballas explica que no informe de intervención salienta que “os expedientes de prórroga dos contratos se deben iniciar con antelación, para que los técnicos puedan emitir sus informes antes de que termine el contrato”. A popular reflexionaba que de nada valen os reparos de legalidade da intervención municipal que se repiten mes tras mes cando non se corrixe esta situación

 

  • Intervención tamén recomenda controlar as subvencións de concesión directa limitándoas ás que demostren a singulariedade da actividade e que en 2023 sumaron os 953.400 €, no propio informe se constata “a necesidade de deixar clara a obligación da entidade subvencionada de levar a cabo o proxecto ou actividade que se subvenciona, xa que en moitos casos da a entender que o Concello é o titular e promotor da activiade e a entidade subvencionada a colaboradora”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies