Economía

O PP fai un chamamento a comprar neste Nadal no comercio local e pedirá no pleno que se impulse un plan de Dinamización

By 23 Decembro, 2024Sin comentarios

Elena Candia explica que o Grupo Popular presentará unha iniciativa para que as políticas públicas dende o concello coiden o pequeno comercio en toda a cidade. A popular avanzou que o PP solicitará “a posta en marcha dun Plan de apoio así como reactivar a Mesa de Comercio Local como canle de cooperación coa administración”.
A popular tamén afondou tamén nas dificultades derivadas das obras de peonalización e os problemas de accesibilidade ao centro, que tamén afecta ao comercio de proximidade desta zona e, por extensión, á praza de abastos queremos saber en que punto está a tramitación da subvención de case 9.000 € que o goberno local solicitou para conseguir o selo de Mercado de Excelencia
Esta axuda da Xunta publicouse na orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 9 de xullo de 2024 e o seu obxectivo era o de impulsar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia mellorando a competitividade e a experiencia de compra, especialmente en momentos de dificultades para o comercio local
O día 27 de setembro se notificaba ao Concello de Lugo a concesión desta achega por un importe de 8.780 €; o 6 de novembro a área de Participación do BNG contrata un estudio por un importe de 10.000 € para optar ao selo de Mercado Excelente, unha xestión que anuncian aos medios de comunicación o 9 de novembro pero dende aquela nada se sabe.
Dende o Partido Popular consideramos imprescindibles para o dinamismo e a economía da cidade tanto aos placeros como ao resto de emprendedores do comercio de proximidade por ese motivo facemos un chamamento a que a veciñanza merque no comercio local este Nadal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies