Deportes

O PP faise eco das queixas dos usuarios da piscina de Frigsa que denuncian que a auga está fría

By 16 Decembro, 2021No Comments

Óscar Poy explica que o problema radica nun dos filtros das máquinas dun dos vasos da piscina, polo que pide axilidade ao concelleiro de deportes para poder solucionar o problema no menor tempo posible e así que a piscina poida empregarse en condicións óptimas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, pide axilidade á area de Deportes para que a auga da piscina climatizada de Frigsa volva a estar á temperatura axeitada, xa que dende hai varios días as queixas entre os usuarios está a aumentar debido a que está fría.

Óscar Poy sinala que xa son varios os usuarios que se puxeron en contacto con concelleiros populares para denunciar a situación, explicando algún usuario que “non chegou a entrar en calor pese a estar nadando durante unha hora”. Unha afirmación que fala ás claras da temperatura que ten a auga estes días.

Segundo as pesquisas realizadas polo concelleiro popular o problema radica nun dos filtros dunha das máquinas dun dos vasos da piscina, polo que pide dilixencia ao responsable de deportes para solucionar o problema no menor tempo posible e así que a piscina poda empregarse en condicións óptimas.

Explica Óscar Poy que esta situación non debería de producirse nunha piscina climatizada xa que, repasando as actas da comisión de queixas e suxestións, pode cualificarse como “recorrente”, xa que a maior parte das queixas recibidas nesta comisión sobre as piscinas fan referencia á temperatura da auga.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies