En la sede del Partido Popular de Lugo se desarrolló la celebración de la copa de Navidad, un acto que sirvió para felicitar las fiestas a los cientos de afiliados y simpatizantes que acudieron a esta cita. Los populares guardaron un minuto de silencio en memoria de las víctimas de violencia de género e con un especial recuordo a Laura Luelmo, y otro en señal de dolor por el fallecimiento y la desaparición de tripulantes de un pesquero en las proximidades de Fisterra.
Nesta xuntanza participaron, ademáis da presidenta provincial Elena Candia e o presidente local e candidato por Lugo Ramón Carballo, diferentes cargos de ámbito nacional, autonómico, provincial e local.
Candia iniciou a súa intervención felicitando as festas “aos nosos, aos amigos, aos colaboradores aos afiliados” a presidenta provincial tamén se acordou “dos lucenses que teñen dificultades para celebrar estas festas ou daqueles que xa non están”.
Pola súa banda o presidente local do Partido Popular afirmou que “o 2019 ten que ser un ano no que todos nos sintamos orgullosos do Partido Popular e dos éxitos conseguidos” agardando que “cada vez sexamos máis os que defendemos as siglas do Partido Popular”.
Carballo asegurou que “o un reto que temos por diante é difícil pero co traballo de todos xuntos, a unión e a ilusión é posible chegar”. “Eu, persoalmente, teño un desafío por diante que non é outro que gobernar o concello de Lugo” matizando que “coa vosa axuda chegaremos”.
Ramón Carballo convidou aos asistentes a implicarse e “a dar o mellor de cada un para alcanzar este obxectivo, xa que os éxitos compartidos se disfrutan e saborean moito mellor xuntos”.
Ademáis de felicitar o nadal aos afiliados e colaboradores enviou unha aperta tamén aos seus rivais políticos e falou da necesidade de dignificar a política para poder ofrecer aos veciños un Lugo en Marcha, un Lugo activo, de futuro e de oportunidades.
Durante este acto de confraternidade sorteouse unha cesta solidaria entre os asistentes por un valor de 200 € na que había productos de 25 entidades de Lugo que traballan a prol da integración de persoas con discapacidade.