CulturaInfraestruturas

O PP indignado ante o rodillo de Arroxo de bautizar o Auditorio de Magoi sen consenso

By 18 Marzo, 2021No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo critica que os nacionalistas tentan impoñer o seu criterio sen escoitar outras propostas dos grupos da corporación, pese a que neste asunto o consenso “é prioritario” xa que afecta ao conxunto da cidadanía

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pregunta a Rubén Arroxo onde quedou o consenso do que tanto presume, despois de que coñecer que a área dirixida polo BNG xa ten decidido un nome para o novo auditorio de Magoi.

Ramón Carballo critica as formas empregadas polos nacionalistas xa que decidiron anuncialo sen estar o asunto na orde do día da comisión. Tras facer público o nome que pretenden impoñer cinco dos vintecinco concelleiros da corporación o PP preguntou se este anuncio significa que xa teñen data de apertura para o auditorio. A resposta non podía ser outra: rodillo de novo xa que se negaron a responder preguntas que fóra da orde do día.

O voceiro popular explica que, sen ánimo de criticar nin desmerecer a traxectoria de ‘Fuxan os ventos’, o procedemento que quere impoñer o BNG non é o máis adecuado. Para os populares, o nome dunha infraestrutura coma esta debería de consensuarse nunha xunta de voceiros ou no órgano que estime oportuno o goberno local. “Por ética e para non danar a imaxe de ningún posible candidato e candidata a bautizar o edificio debería de debaterse de xeito interno e unicamente desvelarse o nome elixido por unanimidade de todos os grupos”, afirmou.

Dende o Partido Popular consideramos que o máis axeitado é optar por un nome de muller, xa que “son moitas as mulleres lucenses que destacaron na cultura galega e nacional” pese a que estamos abertos a escoitar todas as propostas e así chegar ao consenso que pedimos.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies