Zona rural

O PP insiste na necesidade de asfaltar a pista que une a Garaballa de Abaixo coa rúa Camiño do Souto

By 19 Outubro, 2022Sin comentarios

Os populares defenden que o goberno local arranxe en condicións esta pista, xa que hai anos realizaron unha actuación deficitaria, e trátase dun paso que os veciños utilizan con frecuencia para acceder ao barrio das Gándaras

Como todos os anos coa chegada do outono, hai rúas, camiños e pistas municipais que se volven impracticables debido ao seu mal estado, a pesar de que dende o Grupo Municipal do Partido Popular levamos anos defendendo o seu arranxo e correcto mantemento.

Neste caso, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular insisten no arranxo inmediato da pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, unha pista que se atopa “en moi mal estado” e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo. Unha necesidade que os veciños defenden e para o que xa recolleron sinaturas para instar ao goberno local a que arranxe este camiño.

Os concelleiros populares explican que o Concello de Lugo realizou hai varios anos unha actuación nesta pista, unha intervención “deficitaria” que non  paliou ás deficiencias que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade “é nefasto”.

Por iso, os populares presentarán un rogo para que se realice o asfaltado en quente desta pista e se realicen outras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquera accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.

Desde o Grupo Municipal Popular tamén consideran necesario a colocación dun espello no cruce desta pista coa rúa Camiño do Souto xa que a visibilidade “é moi limitada” e os vehículos teñen que asomarse moito para comprobar se vén algún vehículo ou non para poder incorporarse a esta vía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies