Seguridade

O PP insiste na necesidade de modificar a lexislación para poñer freo ás ocupacións ilegais de vivendas

By 21 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os populares ven moi necesario modificar a normativa estatal para poder defender a propiedade privada fronte a aqueles que teñen na ocupación o seu modo de vida e que xera graves problemas de seguridade naquelas zonas nas que se producen estas usurpacións de domicilios

No PP explican a modificación lexislativa que afecta á ocupación de baixa intensidade de vivenda xa que se eliminan as sancións que había por ocupación de vivenda de baixa intensidade polas que se impoñía unha sanción cando o ocupa permanecía na vivenda un día ou dous sen supoñer infracción penal; retirando agora esas sancións da lei.

No Grupo Municipal Popular defenden esta modificación para poñer freo aos graves problemas de seguridade e de convivencia que se están a producir en diferentes barrios da cidade, principalmente na Milagrosa, froita da ocupación ilegal de vivendas.

Os populares lamentan que a alcaldesa de Lugo “en vez de loitar contra a ocupación a siga amparando”, lembrando como “nos chamaron alarmistas por pedir solucións para frear o efecto chamada das ocupacións” pero agora vese  “como a veciñanza da Milagrosa, non aguanta máis polo que non lles queda máis remedio, no goberno local, que recoñecer o problema”.

Os populares lémbranlle á alcaldesa que, en lugar de “escorrer o bulto culpando a Xunta do problema”, emprega todos os instrumentos municipais que ten ao seu alcance para a persoas vulnerables “como son as partidas de Emerxencia Social”, reiterándolle a necesidade de ampliar a súa contía para axudar a todos os que o precisan.

No PP recordan como a criminalidade aumentou en Lugo nun 8%, polo que é imprescindible aumentar a presenza policial na rúa e contar con máis efectivos policiais tanto na Policía Local, corpo no que en 2023 xubilaranse 8 axentes quedando so con 96 efectivos; mentres que o Goberno central so destina dous novos efectivos ao corpo da Policía Nacional.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies