Seguridade

O PP insiste no Foro de Igualdade na necesidade de que o Concello de Lugo se una ao VioGén

By 28 Outubro, 2022No Comments

Para Macamen López entrar no VioGén sería a mellor forma de celebrar o 25 de novembro, un xeito importante de dar visibilidade a esta problemática pero sobre todo para dotar de ferramentas de apoio ás afectadas matizou a popular

Hoxe tivo lugar o Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade no que a concelleira popular Macamen López realizou unha serie de propostas en relación á conmemoración do 25 de Novembro ‘Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres’.

A continuación xuntamos as propostas realizados, pero Macamen López destaca que “a mellor proposta para as mulleres lucenses afectadas pola violencia machista para o 25N sería que o Concello de Lugo se sumase ao VioGén, programa do Ministerio do Interior de apoio ás víctimas de maltrato”.

As propostas realizadas pola concelleira popular son:

  1. Que se organice unha actividade interxeneracional que teña por obxecto a prevención da violencia de xénero, xa que temos que ter en conta que a loita contra esta lacra é unha responsabilidade de toda a sociedade, polo tanto é moi importante sensibilizar e implicar a todas as persoas con indepedencia da súa idade en que o principio de igualdade debe prevalecer sobre os comportamentos machistas para deste xeito desechar os estereotipos de xénero en poñer en valor o traballo das mulleres así como o seu empoderamento. Estas actividades consistirían en talleres de prevención de violencia de xénero a celebrar nos Centros Sociais, no Centro de Día Antonio Gandoy e na escola infantil Serra de Outes, abrindo estos espazos a sociadade no seu conxunto.
  2. Que o Concello de Lugo impulse unha campaña de promoción de recollida de xoguetes non sexistas de cara as festas do Nadal.
  3. Que o día 25 de novembro diante do Concello se celebre un acto de lectura de literatura escrita por mulleres que verse sobre a violencia de xénero.
  4. Que o día 25 de novembro cando os empregados públicos accedan aos seus equipos informáticos se atopen na pantalla unha mención especifica ao “Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres”.
  5. Que nese día se leve a cabo a adhesión do concello de Lugo a VioGén e á Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

Para Macamen López Silva tamén é importante recordar como o Concello de Lugo tamén mira cara outro lado con outra ferramenta de apoio ás mulleres víctimas de violencia machista que funciona a nivel autonómico, como a Rede de Municipios Contra a Violencia de Xénero, rede á que seguen sen adherirse.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies