A concelleira popular Ana López Pombo indicou que “si foi a alcaldesa quen deu a orde, mal feito por improvisar sen consensuar e, se non tivo nada que ver, ainda é peor porque é a responsable directa da Policía”
O GMPP lamenta que “por unha decisión improvisada da alcaldesa, tal e como ocorreu coa supresión da ORA, se poña en risco a tradicional feira de Frigsa”. A concelleira popular Ana López Pombo indicou que “si foi a alcaldesa quen deu a orde, mal feito por improvisar sen consensuar, e se non tivo nada que ver ainda é peor porque é a responsable directa da Policía” matizou.
A concelleira do PP interpreta que “a situación xerada pola prohibición de aparcar vehículos xurde como consecuencia do descontrol, da falla de diálogo e da descoordinación que existe entre os membros do goberno local”.
A popular considera que o goberno socialista “traballa a golpe de imposicións” polo que insta ao goberno local a buscar solucións consensuadas cos vendedores ambulantes para evitar o desmantelamento do Mercadiño de Frigsa “xa que as compensacións, como eximir de pago de forma esporádica aos comerciantes, son parches que non contentan a ninguén”.
“Se hai que regular a zona de estacionamento é necesario contar cos afectados porque as imposicións sempre resultan negativas”. “Cambiar as normas dun día para outro, sen un diálogo previo, cos afectados ten consecuencias como as que estamos a ver no Mercadiño de Frigsa” reflexionou López Pombo.
A popular manifestou que “é unha covardía escudarse na policía, que cumpre coa normativa” reclamando unha reorganizacion do recinto na que se determinen os espazos para a venta onde se permitan aparcar os vehículos”. Por último a popular anima aos socialistas a estudiar posibles “cambios na ordenanza para clarificar o regulamento dos estacionamentos dentro do recinto ferial e así evitar diferentes lecturas da normativa”.