InfraestruturasProposición

O PP insta á alcaldesa a que faga as xestións necesarias para que se reconsidere o peche do Vicerrectorado do centro

By 15 Novembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal do PP quere que a alcaldesa de Lugo se posicione con respecto á nova do peche do edificio do vicerrectorado do Casco Histórico . Os populares consideran que o goberno local “non pode poñerse de perfil nesta cuestión” e solicitan a Lara Méndez “que faga as xestións que estime necesarias para que o Vicerrectorado reconsidere pechar o edificio que ten no centro”. O popular pídelle “que presione ao vicerrector, que foi compañeiro de filas e tivo cargos dentro do PSOE, para que se replantee este posicionamento

VARAPAU PARA O CASCO HISTÓRICO

O voceiro dos populares lucenses insiste en que “esta decisión é perxudicial e supón un varapau para o casco histórico” insistindo en que “deben ser as institucións as que teñen que dar exemplo: se as institucións abandonan edificios no recinto amurallado como se vai pedir a particulares esforzos en conservación de inmobles da súa propiedade”.

Os populares anuncian que van presentar unha iniciativa no pleno cun único punto de acordo que é “instar ao vicerrector do Campus de Lugo, como responsable da USC, a que reconsidere o traslado dos servicios administrativos e manteña a actividade administrativa no edificio da Casa do Saber situado na  Praza Pío XII”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies