Sen categoría

O PP insta a convocar a Xunta Local de Seguridade para desbloquear o uso do aparcadoiro do IES Virxe dos Ollos Grandes para o público en xeral

By 18 Marzo, 2025Sin comentarios

Elena Candia: “abrir este espazo suporá unha mellora importante
para a mobilidade na cidade e estamos convencidos de que, coa
colaboración de todas as partes, este trámite pode resolverse con
axilidade” lembrando que “deste xeito dáse cumprimento á
vontade que se expresou de xeito unánime polo pleno municipal
de setembro”.

O Grupo Municipal Popular de Lugo solicita a convocatoria da Xunta
Local de Seguridade no prazo máis breve posible para aprobar o
convenio entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia que permitirá a
apertura do aparcadoiro do IES Virxe dos Ollos Grandes en horario
compatible coa actividade lectiva.

O 26 de setembro acadouse un acordo unánime no pleno do concello
de Lugo no que se indicaba a necesidade deste convenio para abrir este
espazo ao público pero tiveron que pasar CATRO MESES para que o
concello enviase á Xunta este documento (o borrador do convenio
enviouse o 23 de xaneiro). En sete días a administración autonómica
constestoulles remitindo ao Concello, o pasado 31 de xaneiro, o
documento coas modificacións pertinentes, para facilitar a súa
tramitación e aprobación.

A existencia deste convenio é un paso fundamental para garantir a
seguridade xurídica deste espazo para que se poida utilizar fóra do
horario lectivo. PSOE e BNG anunciaron que a aprobación deste
documento tiña que contar coa validación da xunta local de seguridade
e, por ese motivo, reclamamos hoxe por escrito nunha carta dirixida
tanto a socialistas como nacionalistas a súa convocatoria.

Os populares destacan a importancia de seguir avanzando en proxectos
que redunden no beneficio dos lucenses e manifestan a súa total
disposición para colaborar na axilización deste proceso lembrando que
con esta infraestrutura se ampliarán as prazas de estacionamento
dispoñibles nunha zona de alta demanda.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies