SeguridadeServizos xeraisTransparencia

O PP insta a Lara Méndez a adquirir e repartir material de protección para todos os lucenses ante a posibilidade de ser imprescindible para saír á rúa

By 8 Abril, 2020No Comments

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameiijide insta á alcaldesa a deixar a un lado a súa cruzada persoal contra a Xunta de Galicia e poñer os medios municipais e doutras administracións necesarios para mercar material de protección, que unir ao enviado polo goberno autonómico, e así dotar, polo menos, de mascarillas e luvas a todos os lucenses de xeito gratuíto

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, insta a Lara Méndez a mercar material de protección (epis, mascarillas e luvas) ante a máis que probable intención do Goberno central de que cando remate o estado de alarma toda a cidadanía precise, polo menos, dunha mascarilla para saír á rúa.

Antonio Ameijide sinala que se finalmente o Goberno central decreta esta medida e ante a dificultade actual de abastecemento para os cidadáns, o Concello de Lugo tería que dar un paso á fronte e empregar a súa capacidade de manobra para mercar material de protección que engadir ao que recibe da Xunta de Galicia.

Ante esta situación, o concelleiro popular destaca que o Concello de Lugo, como administración máis próxima aos cidadáns ten que dar ese primeiro paso para que os lucenses conten con material de protección. Neste senso, o popular agradece todas as entregas de material xa realizadas pola Xunta de Galicia ao Concello de Lugo e insta ao goberno autonómico a seguir colaborando con Lugo, a pesar da falta de lealdade institucional amosada por Lara Méndez e as mostradas polo goberno municipal. Incluso, onte mesmo a Xunta remitiu un segundo envío de material ao concello lucense, composto por máis de 3.600 mascarillas, 7.000 lubas e 58 traxes antisalpicaduras, que se suman ao material xa recibido en semanas anteriores e que a alcaldesa devolveu en parte.

O reparto deste material entre os lucenses, trátase dunha medida necesaria toda vez que as autoridades sanitarias aconsellan o uso de mascarillas de protección por parte da poboación para frear a expansión do Covid-19. “Instamos a Lara Méndez que se poña a traballar de inmediato na procura deste material para tratar de conseguilo o máis rápido posible para poñelo a disposición dos veciños”, sinalou.

Neste senso, o edil popular insta a Lara Méndez a deixar a un lado a súa loita persoal contra a Xunta de Galicia, á que criticou por enviar material “caducado”, algo que non é certo completamente, xa que este material ten unha data de uso recomendada, non unha data de caducidade, polo que ese material pode empregarse “sen problema” pasada a data indicada na embalaxe, tal e como indican instrucións do propio ministerio.

Unha vez que o Concello de Lugo teña todo o material preciso para repartir entre os lucenses, o goberno local debería estudar o mellor xeito posible para distribuílo á poboación sen poñer en risco aos lucenses, evitando, na medida do posible, que os veciños saían a por elas. Un reparto que se pode facer con medios municipais ou en colaboración coa iniciativa privada, como supermercados, farmacias.

Antonio Ameijide insta a Lara Méndez a non buscar escusas e poñer todos os medios dispoñibles a traballar na procura deste material, algo que xa fixeron outros concellos da provincia, con moitos menos recursos que o concello lucense, como poden ser Friol ou Mondoñedo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies