Urbanismo

O PP insta ao goberno local a coidar o seu patrimonio e dar exemplo á cidadanía “non poden esixir á veciñanza o que eles mesmos incumpren”

By 8 Agosto, 2024No Comments

XOVES 8 DE AGOSTO DE 2024

  • Ramón Cabarcos pide adoptar medidas urxentes nestes 2 edificios municipais que están baleiros, en ruína e sen uso para evitar que sigan representando un perigo e un foco de problemas para a veciñanza

  • Os populares tamén cuestionan que socialistas e nacionalistas “utilicen o diñeiro de todos os lucenses para facer edificacións sen uso coñecido mentres descoidan as súas propiedades” xa que “é todo o contrario dos principios de sostibilidade e de ecoloxismo nos que basean o seu discurso”

Exemplos que demostran que o concello de Lugo non coida o seu patrimonio. (Adxúntanse fichas do catastro e fotos)

  1. Edificio en ruinas situado na esquina entre a rúa Ramón y Cajal e o Carril dos Fornos, onde apenas é visible unha edificación de titularidade e xestión municipal. Esta parcela presenta unha situación selvática e é supón un foco de insalubridade que preocupa á veciñanza da contorna.

  2. Outro exemplo de falta de mantemento, tamén no casco histórico, é o do edificio sito na rúa da Catedral número 13 que mesmo foi okupado ilegalmente e no que tivo lugar, no mes de xuño, un incendio que puido acabar en traxedia. Neste caso o goberno municipal non prestou atención á problemática que había neste inmoble, a pesar das queixas veciñais, que levaban tempo advertindo dos riscos que supoñían ter okupas nesta vivenda.

Hai que lembrar que en ambos casos existen requirimentos á administración local para que solucionen os problemas derivados da falta de mantemento destas propiedades.

O goberno local ignorou estas peticións abandonado os inmobles á súa sorte, sen rehabilitalos, nin coidalos cando poderían ter uso colectivo e cultural dado que están situados en zonas históricas da cidade de Lugo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies