Zona rural

O PP insta ao goberno local a que urxa ao Ministerio de Fomento a desbrozar  as vías de servizo da A54 e LU-12 ao seu paso por Coeses e Esperante 

By 4 Agosto, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López explica que cando se fixeron estas vías de servizo, como é lóxico, estaban en boas condicións pero que, dende entón, non se lles volveu a prestar atención e co paso do tempo e a falta de mantemento a maleza invadiu as pistas dificultando e incluso impedindo o paso dos vehículos

Cada verán son recorrentes as queixas veciñais polo mal estado das pistas municipais, onde a maleza invade a maior parte do espacio reservado para a circulación de vehículos ou o paso de peóns, e neste verán non ía ser menos.

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, faise eco das queixas dos veciños de Coeses e de Esperante, que lamentan que as vías de servizo que pasan por estas parroquias se atopan totalmente impracticables debido a que a maleza medrou sen control durante anos sen que ninguén lle puxera freo. Agora, despois de moito tempo medrando o problema tamén medrou, ata o punto de que hai zonas polas que xa non pode pasar nin cun tractor xa que a vexetación tapou por completo o camiño.

O concelleiro popular insta ao goberno municipal a tomar cartas no asunto e esixir ao titular das vías, o Ministerio de Fomento, a limpeza inmediata destas vías xa que son adoitaban ser moi empregadas polos veciños.

Recordar o concelleiro popular que dende que se fixo a autovía que pasa por estas parroquias non se volveu a realizar ningunha tarefa de desbroce nin de mantemento, polo que a vexetación medrou sen control, deixando a imaxe que agora se ve: pistas pechadas e impracticables, xa que ao problema da maleza hai que engadir que o firme tamén está en moi mal estado. Un problema ao que se engade o pouco civismo dunha minoría, que aproveita este tipo de situacións para tirar toda clase de residuos, convertendo algún punto destas vías de servizo en basureiros.

Un exemplo moi claro deste abandono é unha parcela, dunhas 3 hectáreas aproximadamente, que se expropiou para facilitar o paso da autovía. Posteriormente houbo que realizar unha modificación do proxecto, polo que finalmente a autovía non pasou por esta zona, segue a ser de titularidade estatal e nela pode verse o abandono ao que se refiren os veciños: a maleza roza xa nalgúns puntos os 5 metros de altura.

Unha situación ante a que Manuel López esixe ao goberno municipal que urxa ao Ministerio de Fomento “a manter e limpar as vías que son da súa competencia” xa que falamos de mellorar os accesos que teñen os veciños de Coses e Esperante e que a raíz da construción da autovía non teñen outro xeito de moverse.

O concelleiro popular segue moi atento á situación de todas as parroquias, xa que o Concello de Lugo como titular das súas propiedades e como administración pública ten a obriga de limpar as súas propiedades e tamén as privadas, logo repercutindo o custe aos titulares, para cumprir coa lei de prevención de incendios. “As administracións públicas temos a obriga de dar exemplo, pero vemos como cada verán se repite a mesma historia, pois temos un goberno local que non fai nada por limpar a maleza que hai no Concello de Lugo e que pode ocasionar graves problemas para os lucenses”, lamentou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies