Servizos sociais

O PP insta ao goberno local a reclamar máis horas do SAF á Xunta para prestar servizo ás 247 familias que están en lista de agarda

By 18 Novembro, 2021Sin comentarios

A concelleira popular Macamen López Silva resúltalle “sorprendente” que o PSOE diga que non pode pedir máis horas do SAF cando “a Xunta non vai poñer reparos en aumentar as horas senón todo o contrario vai a incrementar as achegas”

O Partido Popular defendeu hoxe en comisión un rogo para que o goberno local reclame 3.000 horas máis para o Servizo de Atención ao Fogar que completarían as 18.796 horas que xa ten asignadas ao mes. A concelleira popular Macamen López Silva presentou esta iniciativa despois de coñecer que, a setembro de 2021, o Concello de Lugo atende ao 64% das peticións que lle chegan solicitando o SAF, quedando en lista de espera 247 familias.

Dende o Grupo Popular lamentan que a concelleira socialista de Servizos Socialista para conseguir que se estenda o SAF a máis fogares e incrementar o número de horas das persoas que dispoñen deste servizo. Macamen López Silva lamenta que o PSOE dixera hoxe que “non lle competía tomar a iniciativa neste asunto” engadindo que “quen debe coñecer e preocuparse polas necesidades das familias debe ser a administración local, non é de recibo que intenten pasarlle a responsabilidade á Xunta”. “Se fan falta máis horas para o SAF teñen agora a oportunidade de reclamalas”.

Outro aspecto que beneficia ao concello é que a Xunta aportará preto de 300.000€ máis en 2022 para o Servizo de Axuda a Domicilio en Lugo grazas ao incremento de achega na hora de prestación que pasará de 9,7 a 11 € (esta medida terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2021)” . Neste momento o Concello de LUGO ten 226.080 horas anuais de SAF asignadas, polas cales a Xunta estaba poñendo á súa disposición 2.192.976 €

López Silva explicaba que os expedientes que esperan axuda da administración local son 227 de grao I; 27 de grao II e 2 de grao III. Dado que para prestar o SAF é preciso ter persoal suficiente e que teña formación axeitada os populares solicitarán que se incremente o orzamento municipal para o SAF de cara ao 2022 “está claro que hai unha demanda crecente e que se durante a pandemia había receos en utilizar este servizo, coa nova normalidade parece que se recupera a demanda desta prestación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies