Medio Ambiente

O PP invita á cidadanía a participar nunha andaina reinvidicativa para que Concello e Deputación melloren o cinto verde de Lugo

By 6 Maio, 2024Sin comentarios

O PP organiza unha andaina aberta á cidadanía para poñer en valor o cinto verde de Lugo construído polo goberno do PP, reclamar a unión dos parques do Miño e do Rato e animar aos gobernos do Concello e a Deputación a impulsar un plan integral para mellorar o seu mantemento

Este acto lúdico reivindicativo terá lugar o próximo venres 10 de maio , a hora da saída ás 16.30 do aparcamento do Pazo dos Deportes. A ruta de 4 quilómetros, aproximadamente, busca evitar a decandencia de zonas que teñen unha riqueza paisaxística moi importante. Os populares puntualizan que “o percorrido que se escolle céntrase nunha zona que necesita melloras pero o abandono é xeralizado nos restantes tramos do Paseo do Miño”.

Os populares lembraron como  “en 25 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non se fixo nin un só metro cadrado do cinto verde de Lugo” recriminánolles a PSOE e BNG a pouca dilixencia do bigoberno á hora de manter en boas condición os paseos periurbanos de Lugo”

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e o concelleiro Antonio Ameijide contrapuxeron “o falso ecoloxismo de PSOE e BNG e invitaron a todos os grupos políticos a sumarse a esta camiñata “están moi cómodos reivindicando con caravanas melloras nas estradas nacionais pero, gobernar non é só poñer deberes aos outros, tamén hai que afrontar e resolver os problemas no ámbito do que son responsables, onde cobran e onde obstentan goberno aunque non gañaran”

  1. Zona unión Miño Rato (á altura de Arias Nadela). O sendeiro orixinal pegado á beria do río é pouco accesible. Hai unha senda estreita e pechada pola maleza. Se se vai pola parte superior atopamos un camiño que linda coa Nacional VI no que temos que sortear fochancas de diferentes tamaños”
  2. Zona do Paseo del Miño, no tramo que está por detrás do edificio de la Uned e na zona da nova depuradora. Os camiños nalgúns tramos están destrozados e é complicado o paso tanto para os que pasean como os que utilizan as sendas para facer deporte.
  3. Paseo do Miño (tramo da Fervenza): aquí atopamos árbores caídas en varios puntos e mal estado dunha escalinata.
  4. Paseo do Miño (zona da fábrica da luz): é deplorable o estado, desaparecu a área recreativa e hai unha fuga que podería ser de augas fecais debaixo dunha pasarela que bota auga a borbotóns.
  5. Na zona das inmediacións da Escola de piragüismo hai árbores que medran en metade do camiño, raices e pedras que o fan intransitable. Tamén hai problemas de mantemento das escalinatas.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies