Cultura

O PP invita aos lucenses a participar nunha exposición colectiva do pasado da Residencia

By 13 Novembro, 2023Sin comentarios

LUNS, 13 DE NOVEMBRO DE 2023

 

  • A voceira do PP explicou que a Residencia é un exemplo dun barrio que se reinventa” indicando que “hai moitas persoas que, agora, coa inauguración de novos servizos están apostando por vivir nesta zona  para montar o seu negocio ou como lugar de residencia para formar o seu proxecto de vida”

 

  • Elena Candia acompañou ao primeiro veciño que participou nesta montaxe fotográfica e aproveitou para eloxiar “o esforzo de moitas persoas anónimas que fixeron barrio e que o mantiveron vivo co paso dos anos”

 

  • Para Candia hai que dar protagonismo aos cidadáns que fixeron durante anos un seguimento da evolución do seu barrio “independentemene do esforzo inversor da Xunta de Galicia para revitalizar este barrio quen mantivo con vida a zona foron os veciños e a eles adicamos esta exposición”

 

COMO PODO PARTICIPAR?

 

  • O Partido Popular abre a participación nesta exposición fotográfica da A Residencia, un barrio con futuro a persoas de todas as idades “queremos que sexa un mural colectivo cun enfoque interxeracional dando opción de presentar imaxes tanto de forma presencial como a través das RR.SS do partido”

 

  • As persoas interesadas poden aportar as imaxes que desexen ben enviándoas directamente ás Redes Sociais do Partido Popular local, ben ao correo electrónico eventos@ppdelugo.es, ou ben achegándose á sede do PP situada en Poeta Ramón Cabanillas, nº14

 

  • O Partido Popular dará continuidade a esta acción e completará o programa coa organización de dúas mesas redondas que se desenvolverán nas próximas semanas e nas que participarán cidadáns da zona así como traballadores do complexo sanitario que marcaron a vida deste barrio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies