
Os cidadáns que o desexen poderán asistir de balde a unha actuación co Mago Rafa que terá lugar na esplanada desta dotación cultural o vindeiro mércores 22 de xuño ás 20.00 horas
O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo lembrou como durante os últimos 730 días o Grupo Popular mantívose firme na denuncia da situación de abandono na que se atopa o novo Auditorio de Magoi. Como colofón a estas accións públicas e reivindicativas o voceiro dos populares invita a través dun vídeo aos lucenses a participar nunha inauguración simbólica “por arte de Maxia” que se desenvolverá o vindeiro mércores 22 de xuño ás oito da tarde nas inmediacións deste inmoble. A partir desa hora os cidadáns que se acheguen ata a esplanada do Auditorio de Magoi poderán dun espectáculo máxico a cargo do Mago Rafa.
En el vídeo que hizo el PP para invitar a los lucenses a este acto algunos destacan que “un bo alcalde ou alcaldesa non tería unha infraestructura coma esta dous anos abandonada nun entorno selvático e sen un mínimo mantemento”. Outros opinan que o Gustavo Freire xa cumpriu con creces durante anos a súa función e cren que é hora de que se abran as salas deste edificio máis amplio, moderno e con tecnoloxía punteira. Os hai que recriminan a deixadez do goberno local xa que nin tan sequera se pode disfrutar dos espazos da contorna deste infraestructura”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide reflexiona sobre “a importancia de poñer en funcionamento o Auditorio para reactivar a economía local, promocionar o talento da mocidade e contribuir á promoción das industrias culturais e creativas” e a presidenta Provincial do PP “ve este auditorio como o novo espazo de convivencia e tolerancia de Lugo onde se promova a diversidade cultural local e provincial”.