O día no que se cumpren 2 anos e 7 meses dende que Lara Méndez é propietaria do edificio
O voceiro popular lamenta o tempo e as oportunidades perdidas pola táctica da confrontación que protagoniza a alcaldesa “perdemos moito tempo en polémicas estériles”, puntualizaba.
“O que quere o PP é que se abra canto antes o novo Auditorio de Magoi; o grupo popular bríndase a consensuar coa alcaldesa a estratexia e o modelo de xestión do futuro Auditorio de Magoi co obxectivo de conseguir unha programación estable e de nivel que fuxa da politización que caracteriza a programación cultural que deseña o BNG no concello de Lugo”.
Os populares manteñen que “os novos danos que se enumeran no informe técnico que se deu a coñecer hai uns días demostran que o peche do auditorio está pasando factura ás instalacións”.
O voceiro popular indicou que“as árbores que hai na cuberta non as puxo a Xunta, nin tampouco tupiu os sumidoiros, canalóns ou baixantes …” asegurando que “non é necesario ser técnico senón que aplicando o sentidiño todos sabemos o deterioro que sufre unha vivenda que está pechada”.