Os populares non entenden que o bipartito vote en contra de realizar un plan estratéxico de turismo accesible, tendo en conta que o goberno local está estancado é que a candidatura de Lugo ao premio europeo de cidades accesibles non tivo éxito
A Organización Mundial do Turismo (OMT), que inclúe a máis de 159 países, avoga porque o turismo sexa unha actividade que contribúa ao crecemento económico, ao desenvolvemento incluínte de toda a sociedade e á sustentabilidade ambiental das comunidades turísticas.
De forma anual, o 27 de setembro celébrase o día do Turismo Mundial e o lema para este ano 2021 é “Turismo para un crecemento inclusivo” pois o turismo é un dereito que pode e debe exercer calquera persoa independentemente das súas capacidades. Só en España hai 3 millóns de persoas con certificado de discapacidade, 4 millóns se se trata de dependencia pero en realidade calcúlase que máis de 7 millóns de persoas elixen o seu destino en función da accesibilidade que este proporciona.
Unha das fortalezas da nosa cidade é precisamente o seu potencial turístico, pois non só contamos coa declaración de tres patrimonios da humanidade, senón que dispoñemos tamén dun centro histórico único, un patrimonio eclesiástico abundante, unha contorna natural de bosques e ríos espectacular e unha gastronomía que destaca por si mesma, e iste potencial debería de ser totalmente accesible.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular consideramos que se precisa unha actualización profunda da promoción turística de Lugo e que precisamente se podería aproveitar esta ocasión para por en marcha un Plan Estratéxico de Turismo Inclusivo para Lugo.
Proponse que, dende o Concello, e traballando coordinadamente as áreas de cultura, de vías e obras e as de servizos sociais e urbanismo, entre outras, deberíanse de levar a cabo diferentes accións que afectan a distintos servizos da cidade, para conseguir este obxectivo.
Entre as actuacións para abordar poderíase destacar a elaboración dunha GUIA de SERVIZOS para o Turismo Inclusivo de Lugo na que se deberían incluír, por exemplo, qué lugares de pernoita están correctamente adaptados, qué servizos de restauración ofrecen menús para necesidades sanitarias particulares, localización de museos e edificios de patrimonio municipal entradas/saídas accesibles, accesibilidade a zonas verdes, etc.
Proponse que para isto se conte coa participación das distintas entidades sociais e que se aproveiten os recursos da propia cidade de Lugo como son as aulas de formación TIC da Deputación provincial, os profesionais do campus universitario, os guías turísticos, as empresas do CEI- NODUS relacionadas con este sector, etc.
Se se desenvolve este plan estratéxico, ademais Lugo poderá ser promocionada turísticamente a nivel mundial pola Rede Española de Turismo Accesible a través da súa web “España é Accesible” e os seus distintos programas, financiados polo Goberno de España.
Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Que o Concello elabore un PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO INCLUSIVO EN LUGO que impulse o turismo para todos nesta cidade.