Cultura

O PP lamenta a cerrazón dos socialistas a modificar as bases para adxudicar as casetas polbo

By 24 Maio, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide criticou a negativa dos socialistas a incorporar neste polémico pliego a esixencia aos aspirantes de “ter experiencia hostaleira así como de establecer unha garantía provisional que asegure o funcionamento deste servizo”

O Grupo Municipal do Partido Popular  critica a cerrazón da alcaldesa por negarse a cambiar o prego de condicións para a adxudicación das casetas do San Froilán “é un erro que non se ligue o caldeiro á caseta ou que non se requira experiencia hosteleira que asegure a calidade do servizo”.

O vicevoceiro popular insistiu en que, tal e como están as bases que presentan os socialistas “o único que se favorece é a especulación”. Antonio Ameijide aludiu as situacións esperpénticas que provocan as súas decisións  como son “a vivida nas pasadas festas ou que ,agora  a  catro meses das patronais, estemos agardando a que o goberno readxudique as dúas casetas e dous caldeiros que quedaron desertos logo de que a empresa, que tiña a concesión, non cumprise o contrato”.

Na comisión de festas celebrada esta mañá Ameijide pediu que constasen en acta varias modificacións “solicitar unha garantía provisional aos participantes para o cumprimento das ofertas por parte das firmas que se presenten; unir a explotación do caldeiro á caseta e por riba de todo esixir experiencia ou coñemento no sector hostaleiro”.

Ameijide lembrou que o seu grupo, dende o primeiro momento, discrepou coa forma coa que se adxudicaron as casetas do polbo lamentando que “afecte de cheo á imaxe dun dos principais reclamos das festas”.

Dende o Grupo Popular instan ao goberno local a consensuar o máximo posible a programación das festas xa que “deberían ofertar unha programación á altura dunha capital de provincia primando a calidade antes que á cantidade”. Os populares insisten en que “hai que planificar o máximo posible para evitar improvisacións e parches de última hora e sobre todo para garantir a difusión, con tempo, de concertos e actividades”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies