Tráfico

O PP lamenta a improvisación coa que se implanta a zona 30 na Ronda da Muralla

By 7 Marzo, 2017No Comments

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide afirma que a política de parches delata a nefasta xestión do tráfico en Lugo e interpreta esta medida como unha estratexia da alcaldesa para mercar os votos doutros grupos para sacar adiante os orzamentos

O PP acusa a alcaldesa de Lugo de poñer en práctica unha política de parches con actuacións improvisadas como a implantación hoxe da zona 30 na ronda da muralla. “Estamos ante unha solución illada e curta de miras que non resolve os problemas reais da mobilidade na cidade. Seguimos con caos no tráfico e no estacionamento, seguimos sen ter un transporte público atractivo e de calidade e sen contar cunha sinalización e mantemento de vías axeitados para mellorar a seguridade viaria”, reflexionou Ameijide.

Para o vicevoceiro popular Antonio Ameijide “esta forma de actuar pon en evidencia  a nula capacidade de xestión dos socialistas en materia de tráfico no que leva de mandato”. “Estamos diante doutra cortiña de fume para tapar as súas vergoñas e a súa ineficacia”.

O vicevoceiro popular interpreta este novo paso como unha estratexia da alcaldesa para comprar os votos doutros partidos para sacar adiante os orzamentos que segue sen presentar e que ao paso que imos parece que ainda tardarán.

Antonio Ameijide tamén ironizou coa forma coa que a alcaldesa anuncia unha medida de tanto calado como esta e que “afecta  a unha das principais arterias que vertebran o tráfico de Lugo” engadindo que “é insólito que organicen un acto público para colocar un coxín redutor de velocidade e que no caso da implantación da zona 30 da Ronda sexa unha total improvisación”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies