Infraestruturas

O PP lamenta o atraso na tramitación da Rolda Leste ante o “descoido” do Concello de Lugo de non colgar o proxecto a exposición pública

By 28 Abril, 2023No Comments

Os populares temen que se trate dunha manobra do goberno de Lara Méndez para non ter que posicionarse e propoñer publicamente un trazado alternativo ao marcado pola reserva viaria do PXOM

O Grupo Municipal do PPlamenta o atraso na tramitación da Rolda Leste debido ao “descoido” do Concello de Lugo ao non colgar no taboleiro de anuncios o proxecto sometido a exposición pública.

Explican os concelleiros populares que isto supón que non sexa posible analizar as alegacións recibidas ata o momento por non poder rematar este período de consulta, xa que haberá que agardar un mes máis para cumprir os requisitos legais necesarios.

Os populares agardan que este “descoido” débase á inoperancia do goberno local e non sexa “unha manobra para non ter que posicionarse e propoñer un trazado alternativo ao marcado pola reserva viaria no PXOM”.

Recordan dende o Grupo Municipal Popular que o trazado sometido a información pública “é idéntico ao previsto no PXOM do Concello de Lugo”, agás un punto concreto no que se despraza moi lixeiramente, xusto co obxectivo de reducir máis o impacto paisaxístico e ambiental sobre a contorna do río Rato.

Esta infraestrutura é imprescindible para vertebrar o sur da cidade, cunha importante previsión de desenvolvemento nos vindeiros anos, e comunicala co Hula e os parques empresariais, entre outras dotacións.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies