• Elena Candia: “Estamos en contra da súa postura de pedir máis á cidadanía cando dan menos”
XOVES 5 DE DECEMBRO DE 2024
A voceira popular amosou o seu desacordo con respecto ao empeño de socialistas e nacionalistas de pedir un esforzo á cidadanía para que paguen os seus despilfarros, gastos innecesarios, actuacións que non son prioritarias e proxectos que supoñen unha hipoteca para a economía lucense sen valor engadido para a cidadanía e que non repercuten positivamente nos servizos nin na calidade de vida dos lucenses”.
Para a popular, a suba de impostos é unha decisión política dun goberno mal chamado progresista que só pensa nos seus intereses e non goberna para todos.
Hai exemplos de proxectos cuestionables como o carril bici, lembrando como en outubro fíxose unha transferencia de crédito de 116.162,81 € para esta infraestrutura; ou o pagamento, o pasado 15 de novembro, de 80.000 € para facer fronte a gastos de mantemento e persoal das Caldas, que levan pechadas dous meses e medio; ou os 432 € que nos custou cada día de uso da rampa de baño no Miño.
Fronte a estes pagos, atopámonos con servizos municipais pechados, como é o caso da Escola de Música, que a estas alturas ainda nin abriu; ou os problemas de mantemento nos colexios; nos edificios municipais, que teñen pingueiras e iso por non falar da débeda que teñen cos cos traballadores municipais.
As alegacións que rexeitan
Tal e como se recolle na documentación da Xunta Local de goberno o PSOE e o BNG desestimaron as alegacións presentadas polo Partido Popular. O goberno local rexeitou as propostas que poderían aliviar a carga fiscal das familias, autónomos e empresarios lucenses nun momento de dificultades económicas.
As dúas alegacións presentadas polo PP tiñan como obxectivo fundamental mellorar a situación económica da veciñanza, así como poñer freo aos efectos negativos dunha xestión deficiente do goberno local.
A primeira alegación, de carácter xeral, estaba baseada no informe do interventor municipal, que confirma falta de dilixencia no control de gastos e no seguimento dos contratos. O PP propuxo que o goberno local deixase de implementar proxectos que supoñen un lastre económico para as familias lucenses, como aqueles que, lonxe de mellorar a calidade de vida, se traducen en hipotecas para a veciñanza.
A segunda alegación, tamén rexeitada, propoñía a supresión da plusvalía e a creación de bonificacións do IBI para os terreos rústicos que, segundo a nova ordenanza fiscal, pasarán a ser clasificados como urbanos. O PP presentou unha proposta para bonificar até un 90% o imposto para aquelas persoas afectadas por este cambio, especialmente aquelas que se verán obrigadas a pagar como terreos urbanos sen contar coas vantaxes asociadas a esa clasificación ata que se esgoten as áreas do núcleo. Esta medida tiña como fin aliviar o impacto económico que sufrirán moitas familias que non teñen capacidade para asumir o aumento fiscal derivado desta reclassificación.
O rexeitamento as nosas propostas evidencia a súa falta de vontade para mellorar a calidade de vida dos veciños e para crear un entorno económico máis favorable para as familias e os pequenos negocios de Lugo.