O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez critica que mentes a Xunta está a cumprir os seus compromisos industriais e está a acondicionar a segunda fase do Polígono de As Gándaras, a alcaldesa non é capaz nin de garantir a seguridade nesta zona industrial na que mantén varios pozos abertos, a pesar de que hai máis dun ano que se denunciou a existencia dos mesmos
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pon o punto de vista no nulo estado de mantemento dos polígonos industriais da cidade, O Ceao e As Gándaras, onde o mantemento é practicamente nulo e onde incluso seguridade está en entredito.
Rafael Pérez explica que son moitos os empresarios destas dúas industriais que se lamentan do abandono que sofren, xa que a limpeza e o mantemento destas zonas é case nulo. “Basta con dar un pequeno paseo por estas zonas para comprobar como hai lixo tirado polo chan ou como as beirarrúas están rotas case na súa totalidade ou como zonas destinadas ao aparcadoiro se converten en lameiras cando chove un pouco”, sinalou.
No polígono de As Gándaras hai moitos puntos nos que cómpre realizar un plan de actuación inmediata para acondicionar beirarrúas, pavimento e aparcadoiros, así como mellorar o aseo urbano. Son moitos os empresarios que critican o deixamento do goberno local, xa que aseguran que nesta situación económica complicada para todos é moito máis difícil poder atraer clientes se a imaxe que se levan é dunha zona abandonada e sucia.
No Polígono de As Gándaras a situación non é moito mellor. Na actualidade a Xunta está a desenvolver a urbanización da segunda fase do polígono, uns traballos cun importe de 2,6 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses. Pero o esforzo do goberno autonómico non se está acompañado por unha actuación do goberno local de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que son conscientes dende hai meses das necesidades desta zona industrial, pero prefiren mirar cara outro lado mentres esixen a outras administracións que cumpran os seus compromisos.
Rafael Pérez explica que hai ao longo do polígono de As Gándaras varios pozos abertos dende hai meses, pero o goberno local non fai nada por corrixir esta situación, poñendo en perigo a seguridade para calquera persoa que vaia por esta zona industrial.
De feito, debido á actual situación sanitaria son moitos os lucenses que se achegan ata esta zona para pasear ou facer deporte e que se viron na obriga de sinalizar estas zonas perigosas con ramas e outros elementos ante a inacción do goberno local.
O concelleiro popular sinala que se trata de pozos nas mesmas beirarrúas nos que hai un perigo evidente polo que pode caer calquera persoa, xa que teñen anchura suficiente.
Rafael Pérez esixe ao bigoberno “unha actuación eficaz” en lugar das “chapuzas” ás que nos teñen acostumados. “Está claro que a administración non pode estar en todos os lugares á vez, pero se lles estamos a avisar de perigos evidentes non poden mirar cara outro lado, o goberno local ten a obriga de poñer unha solución a calquera situación perigosa para os cidadáns”, sentenciou.