Infraestruturas

O PP lamenta que a alcaldesa culpe a Abanca do retraso na cesión das instalacións do antigo colexio do Sagrado Corazón para acondicionalo como centro de saúde

By 31 Marzo, 2022Sin comentarios

PSOE e BNG votaron hoxe en contra de que o Concello de Lugo busque con urxencia unha parcela ou un inmoble que cumpra os requerimentos necesarios para a construcción deste centro sanitario. Dende o PP censuran a actitude de socialistas e nacionalistas lembrando que o seu grupo leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio como foi a defensa do novo colexio que se inaugurou este ano.

O Pleno do Concello de Lugo aprobou na sesión celebrada en data 22 de novembro de 2019 unha proposición presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular na que se acordou:

1º.- Instar á Xunta de Galicia a realizar todos os trámites precisos para a construción dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón.

2º.- Instar ao Concello de Lugo a colaborar activamente dentro das súas competencias no proceso de construción dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón, e a colaborar na posta a disposición dos terreos ou inmobles necesarios, garantindo que se atopen na contorna mais próxima ao barrio.

3º.- Instar á Xunta de Galicia a que contemple como localización prioritaria para a construción do centro de saúde as instalacións do actual colexio.

Pois ben, como o tempo transcorría e non había novas sobre as xestións que o Concello estaba a levar adiante para conseguir a cesión dos locais do antigo colexio, propiedade de Abanca, en data 15 de setembro de 2021, o GMPP formulou na comisión correspondente, diversas preguntas relativas ao estado no que se atopaban as negociacións con Abanca para a cesión dos terreos e, si non se conseguía a cesión, si o Concello tiña algún estudio de locais ou terreos que puidese servir como alternativa.

En resposta ás mesmas, a concelleira Dona Paula Alvarellos manifestou que se estaba a traballar nun convenio de colaboración a tres: Xunta de Galicia, Abanca e o Concello de Lugo. Respondendo igualmente que, dado que a predisposición de Abanca era total, non se contemplaba outra hipótese de localización para o Centro de Saúde.

Pois ben, a día de hoxe tampouco consta ningún avance para a cesión do devandito edificio polo que cremos que o Concello, sen desbotar esa posibilidade de acordo, ten que buscar con urxencia unha alternativa para poñer a disposición da Consellería de Sanidade o citado inmoble ou un terreo para a construción dun novo centro de saúde, no núcleo do barrio.

Neste sentido cómpre recordar que o Conselleiro de Sanidade remitiu unha comunicación á Sra. Alcaldesa, neste mesmo mes de marzo, na que plantexa que, á vista de que a negociación con Abanca no dá os froitos esperados, a opción  da Consellería de Sanidade sería que o concello cedese á Xunta unha parcela viable e libre de cargas para construílo. Na misiva reiteraba a disposición da Xunta para axudar na localización do terreo e visitar e avaliar as parcelas que o concello considere, co fin de determinar se cumpren ou non coas necesidades requiridas desde o punto de vista técnico.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Que o Concello de Lugo, acelere as negociacións que mantén con Abanca para a cesión do inmoble do antigo colexio, e se estas no chegan a concretarse, busque con urxencia un solar ou inmoble no núcleo do barrio, que cumpra os requirimentos necesarios para a construción dun novo Centro de Saúde no Sagrado Corazón e que a Xunta de Galicia poida construír esta dotación no barrio o antes posible.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies