Persoal

O PP lamenta que as reinvidicacións dos traballadores municipais de Lugo leven anos sen resolver e sen un calendario de prazos

By 16 Novembro, 2023Sin comentarios

XOVES 16 DE NOVEMBRO DE 2023

  • Mar Carballas destacou “a importancia dunha xestión eficaz dos recursos humanos na administración máis próxima ao cidadán” xa que “senón se cubren as vacantes, non funcionan os servizos, e iso repercute na atención final ao cidadán”
  • Resulta indignante “que presuman de impulsar as ofertas de emprego público dos anos 2021 -2022  cando, no primeiro caso, está a punto de  caducar e, no segundo, acumula máis dun ano de retraso (1)
  • Na mesa de traballo explicaron que as súas son “peticións xa históricas, as mesmas que nos trasladaron na reunión celebrada o pasado mes de febreiro” lamentando o desinterese dos sucesivos gobernos socialistas nesta cuestión o que certifica que “para a alcaldesa e o seu socio nacionalista a xestión dos recursos humanos é unha asignatura esquecida”
  • “A alcaldesa leva nove anos mirando para outro lado, restándolle importancia á xestión do persoal” engadindo que “botamos en falla un maior compromiso deste goberno á hora de axilizar a cobertura de vacantes”
  • Entre as propostas que fixeron os representantes dos traballadores están “a aprobación dun regulamento do horario; carreira profesional; a posta en marcha de medidas para a conciliación en todos os departamentos, regular o teletraballo, e modificar regulamento de produtividade.

 

 

(1) As Ofertas Públicas de Emprego (OPE) deben aprobarse no prazo dun mes desde que se aproba o presuposto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies