Mercado e Praza de AbastosSen categoría

O PP lamenta que empece un novo ano, e a Praza e o Mercado Quiroga Ballesteros arrastren os problemas de sempre

By 25 Xaneiro, 2025Sin comentarios

• Tras manter un encontro cos praceros, os populares reafirmaron o seu compromiso de estar “ao seu carón” e tamén informaron da decisión do goberno local de renunciar a unha subvención de case 9.000 € destinada a revitalizar estes espazos e incorporar a Praza de Abastos á Rede de Mercados Excelentes de Galicia

Sábado 25 de xaneiro de 2025.-

O Partido Popular alerta de que o goberno local, unha vez máis, demostra a súa incapacidade para resolver as necesidades da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros. Nos orzamentos para 2025 inclúense 110.000 € para melloras para accesibilidade; adecuación de postos baleiros e para accións de dinamización. Con todo, estas partidas xa figuraban en exercicios anteriores e nunca se executaron. Esta circunstancia é “unha proba máis de que o papel todo o aguanta” e que os seus orzamentos non son cribles.

O abandono, a parálise e a falta de compromiso do goberno local cos praceros tamén se reflicte na decisión de renunciar a unha subvención de case 9.000 € da Xunta de Galicia, destinada a incorporar a praza de abastos de Lugo á Rede de Mercados Excelentes de Galicia.

Dado que no concello non facilitaba documentación deste trámite tivemos que solicitar á Xunta, mediante o artigo 9.2 do Regulamento do Parlamento de Galicia, acceso á a carta na que xustifican esta decisión. É incomprensible que aleguen falta de tempo e recursos propios para executar proxectos que beneficiarían directamente ao comercio local e atraerían máis clientes ao centro histórico.

Esta decisión súmase á longa lista de desagravios de socialistas e nacionalistas cos praceros. A axuda, que Lugo perde polo desinterese do BNG coa complicidade do PSOE, formaba parte da orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 9 de xullo de 2024.

Cronoloxía:
En agosto o concello solicita a axuda para o impulso da praza como Mercado de excelencia e se lle require OITO DÍAS DESPOIS documentación dándolles un prazo de DEZ DÍAS para que a achegasen. En setembro se lle comunica a concesión da achega de 8.780€ e teñen ata o 15 de novembro para xustificar. Como non se envia a documentación a Xunta volve a reclamarlla o 18 de novembro e finalmente o día 28 de novembro é cando o goberno presenta á Xunta un documento de que desite e renuncia á subvención.

Dende o Grupo Municipal lamentan que o BNG e o PSOE, se dediquen unicamente a facer oposición á Xunta, e que cando teñen opcións como esta para mellorar a situación da Praza de Abastos e apoiar ao comercio local, as rexeiten.. A responsable nacionalista da Praza leva xa cinco anos no cargo e, durante este tempo, pecharon postos e só reaccionou cando houbo protestas, como as vividas nos últimos meses polos placeros. Esta actitude deixa en evidencia que, en realidade, non teñen intención de solucionar nada.

A decisión de cualificar como “alternativa máis sensata e favorable” o abandono desta subvención evidencia non só a falta de vontade política, senón tamén a ausencia de compromiso real cos intereses dos comerciantes e veciños de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies