Servizos xerais

O PP lamenta que González Abelleira minimice o colapso do rexistro telemático municipal e pida paciencia en lugar de traballar para corrixir os erros

By 21 Abril, 2021No Comments

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez asegura que a situación que centos de lucenses viviron onte xa se vía vir xa que se nun día normal é case imposible realizar unha xestión telemática co Concello, o máis normal é que nun día que se acumulan centos de peticións o sistema se colapse

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, lamenta a “total falta de autocrítica” do goberno local, xa que despois de ver como onte se colgaba o rexistro telemático municipal, impedindo a centos de lucenses presentar a súas solicitudes para o plan de rescate económico do Concello de Lugo.

Para a concelleira popular, que a edil Ana González Abelleira cualificara este suceso como “pequenas incidencias” di moito sobre a falta de empatía do bigoberno, xa que lonxe de pedir desculpas e poñerse a traballar para solucionar este gran problema, “sacan peito ao asegurar que ter o sistema fóra de servizo demostra o éxito do plan”.

Sagrario Sánchez recorda como hai poucos días xa se alertou dende o Grupo Popular que había lucenses que amosaran o seu malestar pola imposibilidade de realizar xestións telemáticas co Concello de Lugo, polo que era de prever que ante a posibilidade de que no día de onte se multiplicasen as peticións, debido a que se concederán por rexistro de entrada, o sistema dera erros constantes. “Lonxe de pedir desculpas, minimizan os problemas, trabas que provocaron que persoal de moitas xestorías tivese que prolongar a súa xornada laboral ata ben entrada a noite para poder rexistrar as solicitudes dos seus clientes, sen esquecer as horas perdidas por moitos particulares que tentaron facer a xestión e non puideron ata pasadas varias horas”, sinalou.

A concelleira popular esixe ao goberno local que deixe de buscar escusas e centre os seus esforzos en que Lugo conte cun servizo telemático “de matrícula de honra” para que calquera cidadán poida realizar as súas xestións sen importar onde se atope ou o dispositivo electrónico empregado.

Sagrario Sánchez recorda que a semana pasada no pleno extraordinario no que se aprobaron estas axudas, dende o Grupo Popular xa amosamos o noso apoio a este plan de reactivación, pero tamén advertimos de que fracasarían na súa xestión se repetían os erros do pasado, algo que semella non escoitaron á vista dos feitos.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies