Os concelleiros populares recordan, no primeiro aniversario deste suceso, que os efectivos de emerxencias tiveron moitos problemas para sufocar as lapas debido á falta de presión de auga na zona e gracias ao esforzo e bo facer de todos os efectivos conseguiron controlar o lume
Hoxe cúmprese un ano do devastador incendio do Ceao e o Concello de Lugo segue sen acometer nin presupostar nin un só euro nos orzamentos deste exercicio para o cambio das tubarias de fibrocemento do polígono industrial.
Logo dos apuros vividos hai un ano pola falta de presión da auga para extinguir as lapas de varias naves, ao Grupo Municipal Popular parécelle unha irresponsabilidade e unha temeridade que o bigoberno aínda non reaccionase nin fóra quen de planificar a renovación da rede de augas desta zona industrial.
Os populares tamén afirman que é incomprensible que PSOE e BNG minimicen este problema que tanto preocupa aos industriais da zona despois da situación vivida. Dende o Grupo Popular lembran como a “cerrazón do bigoberno chega ao extremo de votar en contra, no pleno do mes de febreiro, dunha iniciativa de autoría do PP na que solicitábamos renovar a rede de augas do Ceao coa finalidade de aumentar a presión e garantir o servizo de extinción de incendios”.
Os populares recordan que os informes municipais sobre o incendio certificaron as denuncias do PP, xa que especificaban que “a presión de auga nas rúas onde tivo lugar o lume era unha cuarta parte da que había noutros puntos do polígono (de entre 0.6 e 0,8 kg/cm2), mentres que, por exemplo, na rúa dous Carpinteiros, á carón da ITV hai unha presión de 3,8 kg/cm2”.
Dende o PP advirten que no suposto de que o goberno local precise aumentar directamente a presión de auga para actuar nun incendio na zona existe o risco, nunha porcentaxe moi elevada, de sufrir rebentóns ou roturas na rede xa que as tubarias son moi antigas, de fibrocemento, polo que moitas delas xa superaron con creces a súa vida útil.
Por último, os populares non se esquecen de lembrar e aplaudir o traballo realizado tanto polos efectivos municipais, da Xunta e doutros municipios, así como pola colaboración das cisternas de Leite Río que foron fundamentais para evitar que as consecuencias do incendio foran aínda a máis.