Os populares consideran pobre o alumeado de Nadal que onte se acendeu en Lugo asegurando que “mentres a maioría dos concellos galegos melloran a iluminación navideña, Lugo se queda atrás”.
Os populares explican que “non introducen novidades; repiten luminarias exactas ás que se colocaron no San Froilán; presentan arcadas con motivos que nada teñen que ver co Nadal e incluso sorprende que se promocione a Catedral de Santiago (tramo arcadas San Pedro) en vez de silutear outros monumentos do municipio que son patrimonio da humanidade como a Muralla e a propia Catedral, eso por non falar dos barrios onde non se colocou nin unha soa luminaria”.
Para o PP é un erro que o bipartito “non conciba o alumeado navideño como un investimento senón como un gasto”. “Sorprende que se escuden na disculpa de que hai que racionalizar o gasto neste eido e non vexan nesta acción unha oportunidad para apoiar ao pequeño comercio”. Pola contra dende o PP pensamos que “é necesario incentivar as compras e estimular o emprego local para evitar que continúe o goteo de peches do pequeno comercio en Lugo”.