Limpeza

O PP lamenta que o empedrado da Praza de Santa María e as escaleiras do bispado fosen vítimas de pintadas

By 2 Novembro, 2021Sin comentarios

Dende o Grupo Popular insisten na necesidade de instalar un sistema de videovixilancia no entorno dos monumentos emblemáticos do casco histórico e que son Patrimonio da Humanidade

O PP lamenta que por falta dun sistema de videovixilancia no entorno dos monumentos emblemáticos de Lugo se sigan producindo actos vandálicos. Desta volta apareceron unhas pintadas que “parece ser se fixeron cun spray en vermello no pavimento da Praza de Santa María e nas escaleiras do edificio episcopal”.

Os populares insisten en reclamar a instalación de cámaras en determinados puntos da cidade co ánimo de disuadir aos vándalos de que atentan contra o patrimonio cultural e tamén para mellorar a seguridade do seu entorno. “Se queremos que o casco histórico sexa Patrimonio da Humanidade non podemos permitir que se repitan estes actos vandálicos” lembrando como a Catedral no ano 2020 foi tamén vítima doutras pintadas.

Ultimamente os veciños da zona están preocupados porque se concentran na zona, de forma habitual, grupos de persoas para facer botellóns e “algúns incívicos orinan na Catedral ou deixan os restos de bebidas, vasos e botellas tirados no entorno”. Dende o PP lamentan que o bigoberno sexa incapaz de acotar un dos principais problemas que padece o casco histórico.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies