Os populares piden ao goberno local que axilice os prazos de resposta das queixas que se presentan na Comisión de Suxerencias “para gañar en eficacia e resolver os problemas dos lucenses en tempo e forma”
O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo considera incomprensible a lentitude coa que se están a xestionar as queixas que chegan á Comisión de Suxestións. “22 das 32 rexistradas entre xullo en agosto seguen sen resposta” explicou o popular tras analizar o documento da Comisión de Suxestións.
Entre as queixas veciñais destacan as dos retrasos nas citas previas, os problemas pola falta de planificación e deficiente sinalización das obras da rotonda de Alfonso X e Volta da Viña que illan o barrio de Magoi e o de Fingoi así como o malestar pola reestructuración dalgunhas liñas de autobús. Tamén hai queixas porque non funcionan os vídeos do Centro de Interpretación da Muralla e pola falta de información de cortes de auga cando se arranxan avarías ou fugas.