Na comisión de servizos sociais que se celebrou hoxe o goberno local confirmou que tan só foron capaces de utilizar pouco máis do 20% das horas extraordinarias do SAF, que lles concedeu a Xunta polo estado de alarma, lamentando que “desaproveiten este recurso gratuíto para usuarios e concello”
O Partido Popular lamenta o baixo grao de uso das horas extraordinarias do SAF que a Xunta concedeu ao concello de Lugo mentres dure a alerta sanitaria. A preguntas formuladas hoxe, na Comisión de Servizos sociais, pola concelleira popular Carmen López Silva o goberno local confirmou que tan só se adxudicaron 2.200 horas o que supón pouco máis do 20% das 10.027 que financia o goberno autonómico.
A popular lembrou que é unha mágoa que non se utilicen todas xa que este tempo pode servir incluso para estar un tempo coa xente que está soa e é gratuíto, tanto para o usuario como para o concello “desaproveitar este recurso non é unha opción para o Partido Popular o goberno local debería se moito máis proactivo e ofrecérllelo ao máximo número de persoas do municipio”.
A popular tamen critica que “non se reorganizasen antes os servizos sociais de Lugo” e que agora se valore esta reestructuración antes de que se decreten novos periodos de confinamento lembrando como “o Partido Popular leva anos advertindo que é necesario reformar o funcionamento deste departamento, colapsado, que retrasa citas …”.
Carmen Silva tamén preguntou pola situación do persoal xa que, segundo os sindicatos, houbo varias baixas motivadas polas desavenencias coa responsable política Olga Racamonde que hoxe confirmou que “durante as últimas semana houbo ata cinco persoas de baixa, na actualidade, catro e que todas se cubriron excepto a dunha animadora sociocultural e a dun ordenanza”.