Zona rural

O PP lamenta que os socialistas desaproveitasen a oportunidade de ensanchar as pistas do rural

By 14 Febreiro, 2016Febreiro 15th, 2016Sin comentarios

Os populares afirman que “hai que darlle unha voltiña ás obras de pavimentación no rural que quedaron a medio facer” e que se executaron con cargo aos remanentes de tesourería grazas aos acordos impulsados polo Partido Popular

O concelleiro do GMPP Manuel López reclama ao goberno local que remate as obras de pavimentación de pistas que se deixaron a medias no rural. Tras unha visita á que asistiu tamén o voceiro do PP JaimeCastiñeira, os populares enumeraron as deficiencias atopadas e que se repiten nalgúns puntos. “Hai alcantarillas sen tapas de protección que supoñen un perigo, tamén atopámonos con cunetas sen limpar ou outras nas que se deixou pouca pendente o que provoca, que nos días de chuvia, haxa inundacións e asolagamento do firme”.

Manuel López tamén fixo referencia “á falla de visión do goberno socialista que desaproveitou a oportunidade de ensanchar as pistas nas que se actuou”. “Atopámonos zonas nas que era posible ampliar o firme para gañar en seguridade vial pero os socialistas conformáronse con deixar mesmo menos do que había” lamentou o popular.

O concelleiro do PP solicitou ao responsable de Medio Rural que inspeccionen as obras realizadas cos remanentes de tesourería dos últimos anos e que se acordaron grazas ao apoio do Partido Popular. Para o Grupo Popular “os veciños do rural teñen dereito a que as obras que lles fan queden ben rematadas e non a medias, con flecos como se os que residen nas parroquias fosen cidadáns de segunda”.

O popular matizou que “a falla de calidade das obras nas pistas pode responder ás présas de última hora xa que a maioría dos asfaltados fixéronse xusto antes das eleccións de decembro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies