Cultura

O PP lamenta que “pola falta de previsión do goberno local” a Casa dos Mosaicos esté pechada ata setembro

By 24 Xullo, 2020No Comments

A concelleira popular Beatriz Vázquez lamenta que por  “falta de previsión para facer tarefas de mantemento se prive a turistas e lucenses de entrar nun dos Museos máis visitados da cidade como é a Casa dos Mosaicos, unha sala que leva pechada dende o confinamento, no mes de marzo”.

Segundo informou hoxe o goberno local, na comisión de cultura, ata o mes de setembro non se volverán a abrir as súas portas xa que “se están facendo tarefas de mantemento como arranxos para evitar filtracións, arranxos en equipos audivisuais e tamén en instalacións eléctricas”.

A popular agradece que, polo menos, e a raiz da denuncia do Grupo Popular sobre falta de información do peche da Casa dos Mosaicos, se decidisen a sinalizar cun cartel que a sala está fóra de servizo.

Por outra parte, os populares conseguiron que o goberno local tome en consideración a reedición e actualización dos folletos individuais de cada unha das salas da rede museística municipal así como do folleto de “Lugo accesible”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies