Economía

O PP lamenta que PSOE-BNG den a calada por resposta ao envite de que os políticos da corporación renuncien á suba do 2% do seu soldo

By 30 Decembro, 2020No Comments

O Grupo Popular lamenta que PSOE e BNG “den a calada por resposta” ao envite que hoxe lle lanzaron no pleno ata en dúas ocasións pero “que curiosamente ninguén tivo a ben responder”.

Os populares suxeriron acordar a renuncia do 2% de suba dos salarios dos políticos que no caso do Partido Popular afecta a dous edis e no goberno a 13 deles. Os populares insistiron en que “é de sentido común, en plena pandemia, conxelar os soldos dos políticos tal e como fixeron os gobernos de España, da Xunta e mesmo da Deputación de Lugo”

O concelleiro popular tamén manifestou o seu desexo de que no vindeiro 2021 o bigoberno local cambie de actitude e abandone a “súa soberbia e o seu papel de facer oposición á oposición” tachándoa de “postura absurda e pouco constructiva”. Os populares lembraron como o PP estivo á altura, durante este 2020, en acordos importantes para a cidade como dar un pulo ao 5% do PXOM ou a movilización de cartos para o programa de captación de empresas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies