Os populares non entenden “o apuro” do bigoberno por aprobar esta proposta coa oposición dos sectores afectados, como o COAG ou a APEC xa que a modificación que impulsa o bigoberno perxudicará a todos os plans parciais incorporados ao PXOM
O Partido Popular está defraudado pola falta de diálogo real de PSOE e BNG con respecto á proposta que hoxe respaldaron socialistas e nacionalistas con respecto ao cambio de criterio urbanístico sen ter en conta á oposición de varios colectivos lucenses como a APEC e de arquitectos de Lugo. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “nos resulta incomprensible que á vista do malestar que hai non contemplen a posibilidade de realizar un maior esforzo para buscar un consenso nesta cuestión”.
O popular explicou que algúns ven nesta proposta un cambio de planeamento encuberto que podería acabar no xulgado, mentres que outros o consideran un plantexamenteo simplista que afectará á construción de vivendas unifamiliares (sobrecustes e intertidume legal) e tamén afectará á promoción de vivendas con perda de edificabilidade o que repercutirá na viabilidade para construir en certas parcelas. por pérdida de edificabilidad en parcelas. (con repercusión directa sobre la viabilidad de construir en ciertas parcelas)
Con respecto á área de As Samasas Ameijide indicou que “obsérvase un criterio intervencionista que persigue homoxeneizar esta intervención deixando unha rasante única o que suporá arrasar coa orografía natural do terreno”.
“Se hai un mes tiñamos dúbidas sobre este criterio interpretativo, e agora, temos as mesmas ou se cabe máis” concluía.