InfraestruturasZona rural

O PP lamenta que PSOE e BNG voten en contra de mellorar a conectividade das parroquias do rural

By 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os populares critican que o goberno local votou en contra de colaborar coas empresas encargadas de mellorar a cobertura móbil e instalar a rede de fibra para mellorar a conectividade das parroquias

Unha demanda recurrente nas diferentes parroquias da cidade é as numerosas zonas de sombra que impiden que os veciños podan comunicarse debidamente. Un problema extensivo tanto á cobertura de telefonía móbil como ao despregamento da fibra óptica para conquerir conexión a internet.

A influencia de internet e a necesidade de comunicación a través da telefonía é tan grande que a día de hoxe pode considerarse unha necesidade básica, imprescindible para o traballo, o entretenemento e para unha morea de actividades da vida cotiá.

No presente , internet é un elemento fundamental no noso día a día, xa que estar desconectado é sinónimo de estar excluído de oportunidades para acceder a información básica, aprender, traballar….

Neste contexto atopamos que actualmente existe un convenio asinado entre Amtega e a Fegamp para a mellora da telefonía móbil en 15 núcleos da nosa cidade, un número que resulta escaso para a cantidade de parroquias que carecen deste necesario servicio.

En desenvolvemento deste convenio, a Amtega concedeu unha subvención ao operador Vodafone para dar cobertura a eses núcleos. Para conquerir este obxectivo faise preciso a execución das torres precisas para dar a cobertura necesaria.

Seguindo os pasos establecidos no procedemento desta actuación, como paso previo a que o concello poida adherirse ao citado convenio, é preciso identificar parcelas válidas para a colocación das torres que permitan dotar de cobertura a esas poboacións, parcelas que teñen que poñerse á disposición da Xunta por parte do concello.

Como resultado dos traballos iniciais realizados, estímase a necesidade de construir tres torres no concello de Lugo, para as que xa se seleccionu unha posible localización, a que xa foi comunicada por Retegal ao concello.

Actualmente esta empresa continúa á espera de que dende o concello de Lugo se trasladen as posibles parcelas para a construción das torres que axuden a solventar o problema da cobertura de telefonía móbil.

No referente aos despregamentos de fibra óptica nestas entidades de poboación, as actuacións son derivadas de subvencións do Goberno de España, xestionadas pola Secretaría de Estado de Telecomunicación e Infraestruturas Dixitais, figurando concedidas algunhas no concello de Lugo para a súa execución no prazo 2021-2023 ou 2020-2022. Concesións que non cubren a totalidade do territorio do municipio, quedando todavía numerosas zonas de sombra.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Proceder á realización dun chequeo das zonas de sombra de telefonía móbil para garantir este servicio na totalidade do territorio municipal.
  2. Facilitar de xeito inmediato as parcelas precisas para a construcción das torres que permitan dar conbertura conforme ao actual convenio.
  3. Instar ás empresas adxudicatarias das axudas a que doten dos servicios acordados a totalidade dos núcleos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies