Medio Ambiente

O PP lamenta que PSOE e BNG voten en contra de unir os parques do Miño e do Rato

By 28 Outubro, 2021Sin comentarios

Os populares defenden que os parques do Miño e do Rato son un dos maiores orgullos da cidade e o PSOE e o BNG,  coa escusa do diñeiro, aproveitan para seguir sin pechar este cinto verde, mentres dilapidan cartos no carril bici

O equipo de goberno ten riba da mesa dende hai dous anos unha petición dos propietarios das fincas da Tolda para que o Concello llas expropie ou permute e así se poda unir o Paseo do Miño co do Rato conseguindo pechar o anel verde da cidade. Un proxecto que se debería complementar cun plan estratéxico de mantenemento e creación de sendeiros biosaudables con panéis informativos, algo que require que se incrementen os esforzos para manter os camiños interiores e o mobiliario do parque periurbano.

No obxectivo de promover a actividade turística da nosa cidade e de facer unha cidade “amigable” para os seus veciños, fanse precisas accións ambiciosas que fomenten as zonas verdes e o seu uso e disfrute por parte dos cidadáns.  A aposta por crear un corredor verde asociado a un eixe de mobilidade peonil serviría para interconectar os parques e enlazar o cinto verde de Lugo.

Para este proxecto faise preciso a adquisición dos aprox 39.000 m2 na confluencia de A Tolda co fin do paseo do Miño á altura da UNED e ca N-VI. Esta extensión é necesaria para completar o anel verde que comunica o Paseo do Rato e o do Miño, o que conlevaría unha infraestrutura ambiciosa e que cun custo máis que razoable que impulsaría de xeito importante as  zonas verdes da nosa cidade tras moitos anos se engadir nin un metro cadrado aos parques e paseos fluviais de Lugo.

Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Iniciar de xeito inmediato os trámites precisos para a adquisición dos terreos necesarios para a unión íntegra dos parque do Río Miño e Rato coa finalidade de conquerir un corredor verde que supoña unha unión real, cómoda, segura, rápida e accesible entre ditos parques.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies