Os populares lamentan que PSOE y BNG rexeiten elaborar un plan de optimización de recursos que evite que medren de forma desmesurada as facturas de mantemento dos edificios e instalacións públicas. Socialistas e nacionalistas, coa excusa de que xa o están facendo, dixeron non a unificar os subministros enerxéticos, ou a facer un estudo de alternativas, de eficiencia enerxética. O vicevoceiro popular interpreta esta actitude como un síntoma de que “o bigoberno vai de novo rico” subliñando que “mentres outros concellos gañan empresas e aumentan a poboación Lugo da pasos marcha atrás”.
O Sector Público seguiu nos últimos anos a tendencia do crecemento dos gastos públicos en proporcións moi superiores á súa capacidade de xerar ingresos, é por isto que podemos dicir que nos atopamos ante unha única vía, a redución do gasto. Pero isto implica un sistema de control eficiente que permita coñecer o que ocorre co gasto dende que xurde a necesidade que o require ata que se satisface.
Estamos nun momento de redución de ingresos e ante o reto de soster os servizos públicos co mesmo nivel de calidade ou, incluso, cun nivel superior. O sector público actúa nun entorno complexo, en cambio continuo, e o cidadán esixe cada día máis servizos e de máis calidade.
Faise preciso dar a coñecer onde se aplica cada recurso e cales son os resultados obtidos cos mesmos, así cómo a obriga de reducir aqueles custos que non son precisos, de cara a conseguir a maior eficiencia para dar servizos de calidade ao cidadán. Esto implica dispoñer dun sistema de xestión que informe do consumo de recursos, dos procesos e dos diferentes proxectos que se están a realizar. Pero non só recursos, temos a obriga de coñecer de primeira man o gasto corrente e tratar de diminuír aquelas partidas susceptibles deso, é momento de desbotar todo gasto superfluo para centrar os esforzos naquelo que realmente debe preocuparnos, mellorar a eficacia e a eficiencia do gasto público. Unha administración avanzada, eficiente, áxil e que faga fronte aos problemas dos cidadáns debe ser o obxectivo prioritario.
O Sector Público, e con el a administración local, ten a obriga de transformarse e adaptarse ás necesidades cambiantes dos cidadáns, das asociacións, do tecido empresarial, etc. Pero tamén ten a obriga do control pormenorizado de proxectos e traballos. Non poden darse casos como o da Biblioteca de A Piringalla que tras varias licitacións veu incrementado o seu custe sen que este se vise reflectido en melloras substanciais desta infraestrutura. Pero non só estas instalacións mostran a desidia desta administración local, casos como a Fábrica da Luz, o Garañón, o parque solar de O Ceao, o MIHL… son mostras de gastos descontrolados sen retorno para os cidadáns, ou cando menos, cun retorno moi inferior ao esperado. Actuacións que requiren dunha análise polo miúdo para evitar o descontrol de gastos ao que nos teñen habituados.
O control do gasto non pasa mentres pola reducción de custes, pasa por darlle utilidade ás inversións realizadas, de xeito que teñan un retorno á sociedade e teñan utilidade para a veciñanza e pasa por poñer en funcionamento sistemas alternativos que permitan a redución dos consumos, por exemplo, aquelas medidas destinadas a acadar a independencia enerxética. Nestes intres o custo da electricidade acumula cifras récord e debe ser un compromiso do equipo de goberno a procura de vías alternativas que freen a escalada dos importes das facturas do subministro eléctrico. Para elo debe levar a cabo un profundo estudo dos consumos eléctricos das distintas instalacións e edificios municipais, de cara a perseguir a maior eficiencia enerxética posible, algo moi importante dende o punto de vista da sostenibilidade e do medio ambiente, pero tamén no tocante á economía municipal. Outro dos asuntos a estudar é buscar as opcións máis baratas e competitivas á hora do subministro das distintas enerxías das que depende o Concello, levando a cabo licitacións que permitan obter as mellores e máis transparentes ofertas.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Elaborar un análise pormenorizado do gasto corrente no que incorren todas e cada unha das dependencias e instalacións municipais, facendo un estudo daqueles prescindibles co obxectivo de optimizar recursos e acadar unha prestación de servizos completa e de calidade.
- Elaborar un estudo dos consumos e eficiencia enerxética dos distintos edificios e instalacións municipais, de cara a reducir ao máximo a dependencia enerxética, así como para apostar pola sostenibilidade dun xeito real. Levar a cabo a tramitacións oportunas para agrupar e para lograr licitar o subministro das distintas fonte de enerxía das que depende o Concello, nos prezos máis competitivos