Sen categoríaZona rural

O PP logra o compromiso do pleno para completar a rede de abastecemento de auga de Orbazai

By 28 Xullo, 2016No Comments

Conseguimos o apoio unánime do pleno para completar a rede de abastecemento de Orbazai e deste xeito rematar coa desigualdade que existe entre os veciños da mesma parroquia.

TEXTO PROPOSICIÓN

Os municipios deben prestar, en todo caso, os servizos de abastecemento domiciliario de auga potable e rede de sumidoiros, sobre a base deste precepto legal recollido na Lei 7/1985 Reguladora de Bases de Réxime Local, o Concello de Lugo ten a capacidade así como a obriga de prestar estes servizos básicos.

A rede de abastecemento da parroquia de Orbazai está sen rematar xa que hai varios núcleos que aínda non contan con servizo de auga, concretamente trátase de Mallodoira, Taboelle, O Cabalo, O Vilar, Penarrubia e Areosa. Estamos a falar de preto de 40 vivendas que a día de hoxe non dispoñen deste servizo esencial o que supón un claro agravio comparativo con respecto a outros núcleos da mesma parroquia.

Esta vella reivindicación veciñal que foi un compromiso electoral do PSOE na última campaña electoral, poderíase emendar de forma sinxela porque o custe das obras é perfectamente asumible polo Concello.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar ao Goberno Municipal a que leve a cabo na maior brevidade posible a execución das obras necesarias para completar a rede de abastacemento de auga nos núcleos de Mallodoira, Taboelle, O Cabalo, O Vilar, Penarrubia e Areosa da parroquia de Orbazai.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies