Cultura

O PP mantén a ‘Inauguración simbólica por arte de maxia’ do auditorio para o que pediu unha nova autorización

By 21 Xuño, 2022Sin comentarios

Trala sorprendente decisión de Lara Méndez de precintar o perímetro do auditorio os populares lamentan esta torticera reacción por parte da alcaldesa coa que non veta aos populares senón que vai en contra dunha reclamación dos lucenses

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia o intento de Lara Méndez por boicotear a ‘Inauguración simbólica por arte de maxia’ que os populares convocaron para mañá ás 20.00 horas na explanada do auditorio de Magoi (avenida de Magoi 54).

Os concelleiros populares explican que onte pola mañá, luns 20 de xuño, “comunicamos á Subdelegación do Goberno a celebración dunha concentración de persoas na explanada do auditorio de Magoi. Pero hoxe, martes 21 de xuño, vimos como membros de Protección Civil procedían a reparar o valo perimetral do auditorio para “tentar boicotear” a convocatoria dos populares.

Dende o Grupo Popular recordan como o mes pasado realizaron diferentes preguntas en comisión, algunha delas orientada a coñecer o posible uso dos terreos que rodean o auditorio. Achegamos transcrición da acta da comisión, con resposta dada polo PSOE:

  1. Poden recibir algunha sanción ou apercibimento aquelas persoas que empreguen esta zona no seu tempo de ocio? A ver, sanción non, é dominio público, é solo público, sempre e cando a infraestrutura… (Voces de fondo: e se fan botellón tamén) … Iso é distinto, o botellón está prohibido, pero si ti entras para sentarte alí e estar sentado o Concello non pode sancionar.

Unha situación ante a que dende o Grupo Municipal do Partido Popular se realizan diferentes preguntas a Lara Méndez:

– por que reparan agora a valla se levan meses dicindo que o entorno non é seguro para os lucenses?

– por que impiden agora o acceso a este recinto se o mes pasado, en comisión, aseguraron que se trataba dun entorno público?

– por que se deron agora máis presa para reparar o valo perimetral (tan so 24 horas despois da petición do PP) e tardaron 10 meses en arranxar a fiestra rota a través da que entraba auga ao interior do auditorio?

Agora dende o Grupo Municipal do Partido Popular se procederá de inmediato a comunicar á Subdelegación do Goberno dunha nova localización para a ‘Inauguración simbólica por arte de maxia’ xa que “a nosa intención é celebrar este acto para dar voz a unha reclamación popular como é a apertura do novo auditorio de Lugo no que a Xunta de Galicia investiu máis de 25M€ de todos os galegos e que Lara Méndez recibiu sen poñer unha soa pega nin cambiar unha coma da acta de recepción”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies