#LugoaExameEconomíaPresupostosXestión

O PP non apoia a conta xeral de 2023 que confirma “todas e cada unha das debilidades que leva denunciando o Grupo Popular nos últimos anos”

By 3 Outubro, 2024One Comment

“Todas as variables que analizamos (remanentes, aforro e liquidez), están refrendadas polo informe do interventor e confirman “o derroche sen control dun goberno que debilita a solvencia económica do concello e, tamén, certifica que socialistas e nacionalistas “seguen sen tomar medidas en investimentos que non son prioritarios e en aqueles gastos que son claramente prescindibles”

 

Elena Candia afirmaba que “non podemos apoiar este documento que proba a mala xestión económica do PSOE e do BNG no exercicio contable de 2023” engadindo que “a única medida coñecida para corrixir os seus despilfarros é a suba de taxas aos cidadáns aprobada no pleno do 26 de setembro co voto en contra do PP”

 

As explicacións que deron hoxe, na Comisión de Contas, confirman que PSOE e BNG pretenden cumprir os informes de intervención facendo pagar aos lucenses o que significa que “de novo a cidadanía asume os excesos dun goberno que despilfarra sen control”

 

Os populares insisten en reclamar un cambio nas prioridades manifestando que “en 2023 o investimento por habitante foi un pírrico de 178€ por cada lucense mentres que o gastou foi de 1.163€ de gasto”.

 

ANALISE DA CONTA XERAL 2023

 

Os populares, máis alá de facer unha valoración estrictamente política consideraron axeitado que constasen na acta da comisión de contas celebrada hoxe, párrafos literais do informe de intervención, entre outros, o seguinte: “dende que tivo lugar a supresión das regras fiscais, o concello ten experimentado incrementos de gasto computable que se teñen situado de xeito recorrente en valores elevados, e ten suposto, en termos xerais unha drástica redución do superávit existente anteriormente. Baste ver a evolución do remanente líquido de tesourería, do estado de fluxos de efectivo ou o aforro neto nos últimos anos para decatarse desta situación”.

 

Da análise da Conta Xeral se conclúe que o concello ten experimentado un incremento de gasto de maneira insostible e que calquera variable que estudemos, remanentes, aforro ou a propia liquidez vese reducida de maneira drástica

 

  1. Remanentes (reflexan a situación de liquidez da entidade do peche do exercicio e que está disponible para gastos ou investimentos) :

 

  • O Partido Popular recordaba que os importes do ano 2019 en remanentes de tesourería para gastos xerais eran preto de 52 M€ (51.893.421,84€)

 

  • Chama poderosamente a atención que no ano electoral PSOE e BNG gastasen 15 M€,  o que demostra unha desmedida evolución do gasto:

 

2 Aforro   (Variación Neto del Efectivo)

 

  • Outra magnitude que figura no informe de intervención e que reflexa o despilfarro é o aforro neto axustado, que no ano 2021 era preto de 17.5 M€ e no ano 2023 foi de 1M€.

 

  • Constantemente, os informes técnicos advirten dunha evolución ascendente en materia de gasto que foi asumido polo aforro xerado con anterioridade sen adoptar ningunha medida, como así o especifica o interventor, afirmando que “hai un constante engrosamento do gasto corrente en prexuízo do esforzo inversor”

 

Existencias/liquidez (Estados de fluxos de Efectivo)

 

  • No exercicio 2023 hai un resultado negativo de -11.457.564,43 (xa que a liquidez ao inicio de periodo era de 18.389.356,63, e ao remate do exercicio 6.931.792,20). O preocupante é que esta tendencia segue á alza dado que non se adoptou ningunha medida, e que en 2022 era de -8.484.017,97

One Comment

  • Andrés di:

    Espero que se faga unha reflexión profunda, e que os nosos impostos se gasten en cousas mais importantes. En resumen como si foran os cartos nosos porque ninguha familia mal gasta o diñeiro. E SA de paso me gustaría saber si teñen noticias sobre la beirarrua da c/ Virgen da Soedade que esa obra si que e importante (Gándaras) facela. Un saludo

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies