Deportes

O PP non entende a negativa do PSOE e do BNG a abrir os pavillóns dos CEIPs

By 28 Outubro, 2021No Comments

Para os populares o voto en contra do bigoberno condena aos clubes e aos deportistas individuais a empregar instalacións saturadas ou a non adestrar

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) firmaron recentemente un convenio para formalizar a apertura das instalacións deportivas dos IES para o seu uso xeral por parte dos veciños fora das horas lectivas.

Este acordo pretende darlle seguridade xurídica e facer que esta práctica se extenda con carácter xeral xa que abre numerosas posibilidades para a optimización de recursos, e á súa vez ofrecer máis espazos para a práctica do deporte tanto a clubes como a particulares.

Este convenio facilita a posibilidade de que o concello e os directores dos IES se poñan dacordo sobre o uso das instalacións fora do horario lectivo, coas garantías e o control preciso para poder levar a cabo todo tipo de actividades deportivas que en moitos casos se ven impedidas pola falta de instalacións axeitadas e de calidade. É un xeito de, por unha banda, aproveitar unhas instalación infrautilizadas e, por outra, abrir un amplo abano de actividades que facilita a práctica de deporte e de actividades saúdables e que en moitos casos pode ser unha ferramenta que facilite a conciliación familiar.

A día de hoxe naide cuestiona os beneficios que a práctica do deporte reporta para as persoas e, fundamentalmente, para os nenos e adolescentes. É fundamental que a mocidade vexa na práctica do deporte unha alternativa real de ocio e é obriga das institucións poñer todas as facilidades ao alcance para que realmente se perciba como unha opción no tempo de lecer.

A práctica do deporte debe ser un fin en sí mesmo, un xeito lúdico e divertido de facer exercicio que ademáis permite ampliar o círculo de relacións sociais así como desenvolverse como persoas de forma sana e saúdable.

É responsabilidade da administración local aproveitar todos os recursos dos que dispón para poder dar resposta ás necesidades dos deportistas da cidade e da cidadanía en xeral, poñendo a súa disposición as instalacións existentes que poden ser moi útiles para desconxestionar aquelas que actualmente están abertas e saturadas.

Por todo isto, e dado que o convenio da FEGAMP establece que as solicitudes deben realizarse no mes de setembro e debido á saturación das instalacións deportivas municipais, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Poñer as instalacións que hai nos CEIPs de Lugo a disposición dos clubes deportivos da cidade e dos veciños en xeral coa finalidade de desatascar a saturación existente nas poucas pistas dispoñibles na cidade.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies