Os populares viron como PSOE e BNG tamén negaron que se instase ao Goberno central a facilitar a cobertura de persoal médico na atención primaria ou que permita a acreditación dos centros de saúde para a formación do persoal que forma parte deles
No ano 2017, o ‘Estudo sobre Demografía Médica’ elaborado pola Organización Médica Colexial e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Medicina arroxaba unhas conclusións contundentes:
- “Se está formando una bolsa de médicos sin especialidad que no pueden trabajar en el SNS y que, a pesar de superar la nota de corte del MIR, se quedan fuera”.
- “De continuar este desajuste, miles de médicos se quedarán cada año sin poder acceder a una plaza de formación sanitaria especializada (imprescindible para trabajar en el Sistema Nacional de Salud) y tras acabar la carrera se verán abocados al sector privado, el paro o la emigración”
- “Por otro lado, en los próximos años se producirán un importante número de jubilaciones que necesitarán ser cubiertas por nuevos especialistas”
Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Lugo, presenta a seguinte:
PROPOSTA DE ACORDOS
1.- Solicitar ao Goberno de España unha habilitación, de forma extraordinaria, dos centros de saúde necesarios para que teñan a consideración de centros acreditados para a formación, así como aos profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria precisos para que poidan actuar como titores na formación de residentes.
2.- Solicitar ao Goberno de España unha convocatoria extraordinaria de prazas MIR que permita incorporar mais profesionais ao noso sistema sanitario e resolver o déficit de médicos en primaria e á Xunta de Galicia que cubra a totalidade desas prazas acreditadas e financie o 100% destas prazas con cargo aos seus orzamentos.
3.- Esixir ao Goberno de España que, máis aló destas medidas extraordinarias, cumpra os acordos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde de abril do ano 2018 relativos ás reformas estruturais precisas para flexibilizar e axilizar o procedemento de acreditación de unidades docentes e os seus requisitos, permitindo a formación anual de máis profesionais especialistas.
4.- Esixir ao Goberno de España que cumpra os acordos do Pleno do Congreso dos Deputados e do Parlamento de Galicia sobre a necesaria eliminación das limitacións impostas para as taxas de reposición de efectivos nos sistemas sanitarios públicos autonómicos.
5.- Dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia, ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento de Galicia.