Cultura

O PP pedirá amparo ao secretario do Concello se Lara Méndez segue a vetar a entrada dos populares ao auditorio de Magoi

By 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide fai este anuncio despois de ver como Rubén Arroxo non tivo problemas en autorizar a entrada aos concelleiros populares á cafetería do Vello Cárcere, unha infraestrutura que funciona ao amparo da área de Cultura, dirixida polo BNG

Despois de entrar na cafetería do Vello Cárcere para comprobar as deficiencias que presenta esta infraestrutura que leva case cinco anos pechada, os concelleiros populares afirman que cada día está máis claro que á fronte do goberno local hai dous modelos distintos para dirixir o Concello de Lugo, en función da cor política que dirixa cada área.

O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, agradece ao BNG a autorización para entrar na cafetería do Vello Cárcere, unha postura que choca claramente coa negativa sistemática de Lara Méndez a autorizar o acceso ao novo auditorio de Magoi aos concelleiros populares. “Vemos claramente como hai dous modelos distintos. Por unha banda, o de Rubén Arroxo que non ten problema e autorizar o acceso a aquelas infraestruturas que dependen do BNG e, por outra parte, a negativa reiterada a entrar naqueles edificios que dependen de Lara Méndez”, sinalou.

Unha situación ante a que Ameijide pregunta “que ten que agochar a alcaldesa para negar a entrada a concelleiros desta corporación a un edificio que é propiedade de Concello de Lugo”. Unha pregunta que chega despois de que Arroxo si que permitise aos populares comprobar como a cafetería do Vello Cárcere presenta eivas importantes, como a ausencia dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida ou como o chan da terraza xa precisa dunha renovación.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular non descartan “pedir o amparo” do secretario municipal ou de aquel organismo que sexa oportuno para evitar que Lara Méndez siga a negar aos concelleiros desta corporación o seu traballo de fiscalización e control ao goberno local.

Neste senso, dende o Grupo Municipal Popular rexistraron hoxe unha nova petición de entrada ao auditorio de Magoi, para o 13 de xaneiro, “a ver se desta vez Lara Méndez autoriza o acceso para poder comprobar o estado no que se atopa esta instalación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies