Servizos sociaisServizos xerais

O PP pedirá ao pleno que Lugo se una á Rede de cidades amigables cos maiores 

By 19 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Macamen López recorda que no municipio preto do 20% da poboación ten 65 anos ou máis, polo que coa adhesión a esta rede poderase dar aos maiores a oportunidade de pasar os últimos anos das súas vidas nun entorno aínda máis amigable e amable, que lles ofreza a posibilidade de ter unha boa calidade de vida

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, pedirá no vindeiro pleno ordinario a adhesión de Lugo á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores.

Macamen López explica que esta rede foi promovida pola OMS no ano 2010 coa fin de buscar lugares que fagan da súa contorna un lugar mellor para envellecer dignamente e con calidade e consideramos que Lugo, unha cidade cunha porcentaxe alta de poboación maior, debe integrarse en dita rede para dar aos maiores da cidade a oportunidade de pasar os últimos anos das súas vidas nun entorno amigable e amable, que lles ofreza a posibilidade de ter unha boa calidade de vida.

A concelleira popular recorda que en Lugo preto do 20% da poboación ten 65 anos ou máis, algo que debe ter a súa repercusión no modelo de cidade cara o que debemos ir. “Os maiores son transmisores de experiencias e valores sociais e nestes intres, máis que nunca, son dos grandes prexudicados da pandemia”, sinalou.

Esta iniciativa promove a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, opinións e propostas no proceso de análise e mellora do concello en diversos ámbitos, co fin último de promover un envellecemento saudable e activo. “A través desta rede podemos estimular e favorecer que os nosos veciños sexan cada vez máis amigables coas persoas maiores, inspirando o cambio, amosando o que se pode facer e como se pode facer, intercambiar información, coñecemento e experiencias con outras cidades e buscar o apoio preciso para deseñar e levar a cabo aquelas solucións que levan a un compromiso firme de escoitar as necesidade da nosa poboación maior” afirmou.

En definitiva, trátase dun seguimento da amizabilidade da nosa cidade e traballar en colaboración cos nosos maiores en todos os ámbitos para crear entornos físicos e sociais amigables co envellecemento, algo que debe contar cun firme apoio da corporación e que o propio goberno local debe tomarse en serio como “un compromiso firme de responsabilidade cos nosos veciños e coa nosa cidade”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies